Demoday dos 11 proxectos do XI Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias e entrega do I Premio ao Emprendemento

Share

A Fundación Juana de Vega organiza mañá mércores 29 de novembro a presentación dos 11 proxectos que durante todo este 2023 estiveron “medrando” no seu XI Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias. Este “demoday” terá lugar a partir das 10.00h na nosa sede en San Pedro de Nós, Oleiros.

O obxectivo do encontro é que os emprendedores e empresas poidan presentar os seus proxectos a potenciais proveedores, clientes, financiadores ou incluso asociados clave. Tamén darán a coñecer as súas iniciativas para crear riqueza no rural de Galicia.

Nesta ocasión, e por primeira vez, entregaremos o premio ao mellor proxecto da modalidade de emprendemento entre as cinco persoas participantes nesta categoría coas propostas:

  • Recuperación da raza porco silleiro (aldea modelo de Penedo, Boborás, Ourense)
  • Color Caléndula (Vilalba, Lugo)
  • Porto do Corgo (A Capela, A Coruña)
  • Cooperativa Vélaro (sede en Lugo, toda Galicia)
  • Raquel Biskaia – Viño natural (O Bolo, Ourense)

O xurado estará integrado por:

  • José Luis Cabarcos Corral, director da AGACAL (Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia)
  • Patricia López Quintiá, xefa do servizo de Fomento do Emprendemento (Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Xunta de Galicia)
  • José Manuel López Marcos, director comercial de Caixa Rural
  • Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega
  • José Manuel Suárez, coordinador do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias
  • Loly Martínez Cortizas, titora do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias

Os 6 proxectos da modalidade Consolidación:

  • Cítricos Eco Rías Baixas (Tomiño, Pontevedra)
  • Abeiro da Loba (Sobrado dos Monxes, A Coruña)
  • Cooperativa Terras da Mariña (Lourenzá, Lugo)
  • Horta das Táboas (A Laracha, A Coruña)
  • Casa Barbeiro (Alfoz, Lugo)
  • Leite sen máis (Monterroso e Palas de Rei, Lugo)

Preparando a próxima edición
Ata o próximo martes, 5 de decembro (todo o día) mantemos aberta a inscrición na edición 2024 do XII Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias en https://programadeapoyo.juanadevega.org. Está dirixido a persoas emprendedoras e a empresas do sector agroalimentario de Galicia, pero tamén ao marisqueiro, forestal ou pesqueiro, ademais de bioeconomía, proxectos de base tecnolóxica ou servizos relacionados. A decena de seleccionados optan a un ano de mentorización gratuíto, especializado e intensivo, para poñer en marcha a súa idea emprendedora, recuperar unha explotación familiar ou impulsar un negocio en activo que precise un impulso.