CONTRATACIÓN DUN SERVIZO DE APOIO PARA O DESEÑO E PRODUCIÓN DE MATERIAIS GRÁFICOS PARA O PROXECTO INTERREG SUDOE "I-ReWater - Xestión sostible dos recursos hídricos na agricultura de regadío no espazo SUDOE” (Código contratación: 03/2024) 

Share

A Fundación Juana de Vega é beneficiaria e responsable de comunicación do proxecto “I-ReWater - Xestión sostible dos recursos hídricos en agricultura de regadío no espazo SUDOE”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg Sudoe 2021-2027.  

O proxecto I-ReWater ten como obxectivo principal mellorar a xestión dos recursos hídricos na agricultura, integrando o uso da auga urbana rexenerada en cultivos agrícolas e considerando aspectos ambientais para asegurar o seu bo uso no contexto da crise climática actual. O resultado final será a presentación dunha Estratexia Transnacional para o uso de auga rexenerada. Para lograr o obxectivo, levaránse a cabo accións piloto en diferentes localizacións, probando o uso de auga rexenerada en parcelas de agricultura de regadío con 13 cultivos leñosos e 2 hortícolas. O consorcio deste proxecto, liderado pola Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus Terra (Universidade de Santiago de Compostela), conta con 16 socios. 

1. Obxecto  

Contratar un servizo de apoio para o deseño gráfico e produción/impresión dos diferentes materiais que son necesarios para levar a cabo as actividades de comunicación e divulgación do proxecto I-ReWater.   

2. Características  

  • Deseño gráfico de materiais promocionais e outras ferramentas comunicativas do proxecto, que inclúen:

- Roll-up en cinco idiomas.

- Folletos con infografías ou outras creatividades ad hoc en cinco idiomas: un inicial e un final.

- Materiais promocionais: bolígrafos, cadernos e bolsas.  

  • Impresión e envío de materiais promocionais e outras ferramentas comunicativas do proxecto, que inclúen:

- Roll-up (1 unidade).  

- Folletos (250 unidades).  

- Materiais promocionais: bolígrafos, cadernos e bolsas (2.000 unidades de cada tipo, que haberá que enviar aos 16 socios do proxecto en España, Portugal, Francia e Andorra).  

  • Maquetación profesional para unha comunicación máis efectiva dos seguintes documentos:   

- Documento da “Estratexia de uso de auga rexenerada no regadío – Espazo SUDOE”, que será elaborada como resultado das actividades do proxecto. O documento será producido en 3 idiomas.   

- Documento divulgativo de resultados do proxecto (en 5 idiomas).      

  • Todos os materiais deben ser deseñados e producidos de acordo coa identidade visual do proxecto, establecida polo programa Interreg SUDOE, e baseados nos contidos facilitados pola Fundación Juana de Vega.

3. Prazo de execución  

O contrato cubrirá o período de execución do proxecto, desde a resolución deste proceso de contratación ata ao 31 de decembro de 2026. O calendario específico acordarase entre a Fundación Juana de Vega e o provedor de servizo seleccionado, en función do avance das actividades do proxecto.  

4. Documentación a entregar  

  1. Oferta económica.  
  2. Portfolio de traballos previos.  
  3. Proposta organizativa dos traballos para realizar. 

5. Criterios de selección da oferta máis vantaxosa  

Ademais da oferta económica, terase en conta para a adxudicación:    

  • Garantía e rapidez no envío de materiais.   
  • Sostibilidade dos materiais utilizados na impresión e soporte dos artigos promocionais, considerando o seu impacto ambiental e o uso de recursos reciclables ou biodegradables.  
  • Valorarase a réplica dos deseños ao formato Canva.   
  • Calquera outra mellora técnica proposta.  

6. Importe máximo  

O orzamento dispoñible para esta contratación ascende a 14.057,85 euros sen IVE (17.010 euros IVE incluído).  

7. Prazo e forma de presentación da oferta 

O prazo para a presentación de ofertas será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao do anuncio da convocatoria.  

As ofertas deberán enviarse por correo electrónico a tgesto@juanadevega.org co asunto “I-REWATER: Contratación servizo apoio deseño e produción materiais gráficos”.