A Fundación Juana de Vega é a beneficiaria principal do proxecto “ECOSPHEREWINES – Mellora de servicios ecosistémicos e infraestrutura verde en zonas vitícolas de alto valor ecolóxico” e é beneficiaria do proxecto “I-ReWater – Xestión sostible dos recursos hídricos na agricultura de regadío no espazo SUDOE”, cofinanciados ambos polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg Sudoe 2021-2027.
O proxecto ECOSPHEREWINES céntrase na mellora das paisaxes vinculadas ao cultivo da vide, un recurso económico e turístico fundamental no espazo SUDOE, especialmente nos territorios interiores, afectados polo despoboamento e o envellecemento, onde a preservación do capital natural e ambiental é crucial para as comunidades rurais, xa que é fonte de riqueza. O obxectivo principal de ECOSPHEREWINES é mellorar os servizos ecosistémicos prestados polas paisaxes agrícolas do viñedo a través da implementación dunha rede de infraestrutura verde (IV) en zonas de alto valor ecolóxico como estratexia enfocada a súa conservación e xestión sostible, mellorando a biodiversidade e aumentado a súa resiliencia fronte ao cambio climático. O consorcio está composto por 13 socios e está liderado pola Fundación Juana de Vega.
Doutra banda, o proxecto I-ReWater ten como obxectivo principal mellorar a xestión dos recursos hídricos na agricultura, integrando o uso da auga urbana rexenerada en cultivos agrícolas e contemplando aspectos ambientais que aseguren o seu bo uso debido a crisis climática actual. O resultado final será a presentación dunha Estratexia Transnacional de uso de augas rexeneradas. Para lograr o obxectivo, realizaranse 2 accións piloto en distintas localizacións para testar o aproveitamento de auga rexenerada en parcelas de agricultura de rego con 13 cultivos leñosos e 2 hortícolas. O consorcio deste proxecto, liderado pola Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus Terra (Universidade de Santiago de Compostela) conta con 16 socios.
1. Obxectivo do servizo
O obxectivo desta contratación é facilitar á Fundación Juana de Vega un servizo de auditoría externa (controlador) para realizar a verificación dos gastos declarados nos proxectos ECOSPHEREWINES (lote 1) e I-ReWater (lote 2).
O controlador será o encargado de realizar as verificacións establecidas no artigo 74.1.a do Regulamento (UE) 2021/1060 e o artigo 46 apartado 3 a 9 do Regulamento (UE) 2021/1059.
2. Características do servizo:
A tarefa do controlador consistirá en verificar e determinar a conformidade dos gastos declarados pola Fundación Juana de Vega no marco de cada un destes proxectos, establecendo cales están en disposición de seguir avanzando polo circuíto financeiro do programa Interreg SUDOE. En particular, o controlador deberá comprobar que os gastos declarados pola Fundación Juana de Vega en cada declaración de gastos compren as seguintes condicións:
- Os custos son subvencionables de acordo coas diferentes fontes de normas mencionadas na Guía SUDOE (normas europeas, do programa, nacionais e internas). A Guía SUDOE pode consultarse aquí.
- As condicións do programa, o modelo de solicitude aprobado e o acordo de concesión da axuda FEDER foron observados e seguidos.
- As facturas e pagamentos están correctamente rexistrados, a través de rexistros contables separados, e suficientemente xustificados mediante documentos xustificativos.
- As actividades relacionadas, subministracións e servizos subcontratados están en curso ou foron entregadas ou realizadas.
- Respectáronse as normas comunitarias e nacionais, especialmente en materia de información e publicidade, contratación pública, axudas estatais e principios horizontais de igualdade de xénero, non discriminación e desenvolvemento sostible.
Os auditores deben estar inscritos no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC), ben sexa individualmente ou como socios exercentes dunha Entidade Auditora á que pertenzan.
3. Prazo de execución das accións
Os contratos deste servizo abarcarán o período de execución dos proxectos (desde o 1 de xaneiro de 2024 a ata o 31 de decembro de 2026) máis o período de peche financeiro dos proxectos (ata 5 meses despois da fin da execución do proxecto), coa posibilidade de prórrogas, se fose necesario.
Durante este período, prevese a realización de 4 declaracións de gastos para cada un dos proxectos en cuestión (“ECOSPHEREWINES” e “I-ReWater”): unha declaración de gastos cada ano de execución (normalmente antes do mes de maio de cada ano) e a declaración de gastos final.
4. Documentación a entregar
- Oferta económica, especificando o(s) lote(s) aos que se presenta.
- Memoria describindo as aptitudes e coñecementos profesionais do auditor.
- Relación de experiencia previa auditando proxectos cofinanciados con fondos da UE seguindo o modelo que se pode descargar aquí.
5. Criterios de selección
- Oferta económica (80 puntos)
P= (PM X MO)/OF
P= Puntuación a outorgar a cada oferta
PM= Puntuación máxima de cada criterio (80 puntos)
MO= Importe da oferta máis económica (en euros)
OF= Oferta que se valora (en euros).
- Experiencia en auditoría de proxectos cofinanciados con fondos da UE (Fondos Estruturais e FEDER en particular) (20 puntos)
1 punto por cada proxecto con fondos FEDER auditado
0,5 puntos por cada proxecto con outros fondos europeos auditado
6. Importe máximo:
LOTE 1: proxecto ECOSPHEREWINES
Auditoría 1º anualidade: 900 euros (IVE incluído)
Auditoría 2º anualidade: 900 euros (IVE incluído)
Auditoría 3º anualidade: 900 euros (IVE incluído)
Auditoría final: 900 euros (IVE incluído)
Total do proxecto: 3.600 euros (IVE incluído).
LOTE 2: proxecto I-ReWater
Auditoría 1º anualidade: 837,50 euros (IVE incluído)
Auditoría 2º anualidade: 837,50 euros (IVE incluído)
Auditoría 3º anualidade: 837,50 euros (IVE incluído)
Auditoría final: 837,50 euros (IVE incluído)
Total do proxecto: 3.350 euros (IVE incluído).
7. Prazo e forma de presentación da oferta:
O prazo para presentar as ofertas será de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte aquel en que se publique a convocatoria.
As ofertas deben enviarse por correo electrónico a tgesto@juanadevega.org co asunto “Contratación controlador proxectos Interreg Sudoe da Fundación Juana de Vega”