Resumen do proxecto.
A Fundación Juana de Vega é beneficiaria do proxecto FunCAP(A Fun way to boost New Generations CAP knowledge) da Convocatoria IMCAP-2021 (Support for information measures relating to the Common Agricultural Policy for 2021) financiada pola Comisión Europea.
A PAC é unha das maiores fontes de financiamento público da UE. Non obstante, moitos sectores da sociedade non teñen un coñecemento profundo da contribución da PAC ao benestar dos cidadáns europeos e moitas veces hai equívocos e desinformación respecto dos obxectivos finais desta política. Esta necesidade de información ten aínda maior importancia en ámbitos como a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, unha zona de fortes interrelacións sociais, económicas e culturais, repleta de oportunidades e de gran potencial de desenvolvemento futuro.
O proxecto FunCAP traballa con 400 mozos de entre 15 e 18 anos e os seus profesores para presentar de xeito lúdico a PAC, fomentando o seu coñecemento de como contribúe ao desenvolvemento do medio rural e á mellora ambiental. Farase un esforzo especial para eliminar toda a desinformación, as narrativas pexorativas e as falsas noticias existentes entre a poboación que rodea esta política.
A metodoloxía empregada centrarase en aprender sobre o PAC mentres se xoga, desenvolvendo un xogo de mesa en formato físico e dixital orientado a facilitar a divulgación da importancia da PAC no orzamento europeo e a súa contribución á soberanía alimentaria e á sustentabilidade.
O proxecto, mediante a colaboración con medios especializados, proporcionará ao público en xeral información que lle axudará a impulsar o seu coñecemento e percepción social da contribución da PAC ao desenvolvemento económico e á mellora ambiental das zonas rurais.
Obxectivo do servizo
O obxectivo do servizo é o de fornecer ao proxecto FUNCAP o deseño dun xogo de mesa (dinámicas, compoñentes, regras de xogo, etc.) e de 30 unidades do xogo para levar a cabo as dinámicas nos centros de ensino.
Características do servizo:
O xogo actuará como fío condutor de todo o proxecto, destacando os aspectos máis valiosos da arquitectura verde da PAC para acadar os obxectivos da proposta e sempre contextualizado cos retos e oportunidades que este novo período de programación traerá á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
As propostas seleccionadas deberán deseñar unha serie de materiais didácticos (xogo, ferramentas para profesores e alumnos, etc.) que:
- Identifiquen correctamente os compoñentes innovadores da PAC que poden axudar a desterrar as narrativas pexorativas e os estereotipos preconcibidos nos grupos destinatarios.
- Seleccionen a dinámica lúdico-educativa e o modelo de xogo máis axeitado ao público obxectivo e aos obxectivos do proxecto.
- Validen a versión beta do xogo de mesa antes das sesións cos participantes.
Accións a desenvolver:
- Deseño de xogos de mesa. O xogo forneceranse en Galego, Español e Portugués.
- O deseño do xogo contará de diferentes fases:
- Fase 1.- Proceso de creación de dinámicas. Definición do tipo de xogo (compoñentes do xogo, tipo de xogo, niveis de dificultade, duración, etc.). Nesta fase probaranse diferentes xogos xa existentes para coñecer outras experiencias. Analizaranse contidos, dinámicas e compoñentes para ver cales funcionan e cales non.
- Fase 2.- Revisión e mellora da capacidade pedagóxica / de adestramento do xogo coa retroalimentación dun grupo obxectivo formado por profesionais das políticas agrarias, educadores, etc. Probaranse as diferentes dinámicas e elementos creados na fase anterior para ver como melloralos en cada xogo, a complexidade neste caso é que as regras do xogo aínda están por escribir e que pode haber moitos elementos do xogo que falten ou sobren. Tamén será necesario facer probas con diferente número de xogadores, para deseñar mellor, tanto a dinámica, como os niveis de xogo, ou o número de compoñentes necesarios de cada tipo (cartas, pezas ...). As diferentes posibilidades ou modelos deberán probarse tanto con profesionais especializados nas políticas agrícolas como con educadores. Será esencial atopar un equilibrio entre as dúas partes e ser plenamente satisfactorio en ambos os campos.
- Fase 3.- Produción física do xogo de mesa. Como non hai unha industria de xogos de mesa ben definida, o proceso de fabricación de xogos é complicado. Necesítase atopar un xeito de crear os compoñentes escollidos sen que o custo económico do xogo sexa moi alto. Esta fase implicará o redeseño do xogo inicial para acomodalo a uns custos e a un proceso de fabricación viable nos prazos establecidos no proxecto.
- Unha vez finalizado o proceso de deseño do xogo de mesa a empresa contratada deberá entregar 30 unidades do Xogo á Fundación Juana de Vega.
Documentación a entregar:
- Memoria descritiva de cada un dos puntos indicados no apartado anterior. Nesta memoria deberán indicarse aspectos relativos ao enfoque pedagóxico do xogo, aos elementos gráficos, ao prazo de entrega, á experiencia da empresa no desenvolvemento de xogos cun enfoque colaborativo, ao dominio de linguas (inglés, español, galego e portugués) e ás posibles melloras ofrecidas pola empresa.
- Oferta económica.
Prazo execución das accións:
Marzo do 2022
Criterios de selección.
A maiores da oferta económica terase en conta para a adxudicación, os seguintes elementos da oferta:
- A calidade pedagóxica da proposta.
- A calidade gráfica e didáctica dos traballos anteriores.
- Orixinalidade.
- Prazo de entrega. Este factor pode ser crítico debido a que o tempo de execución do proxecto é relativamente curto e o os centros participantes requiren tempo suficiente para administrar as sesións de xogo e a reflexión posterior.
- Experiencia no desenvolvemento de xogos de mesa cun enfoque colaborativo.
- Dominio da lingua portuguesa.
- Servizos complementarios como fabricación de xogos e soporte para atopar a mellor opción.
Importe máximo.
35.000 euros (IVE incluido)
Prazo e forma de presentación da oferta:
O prazo para presentar a oferta será de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte aquel en que se publique a oferta.
A oferta deben enviala a través do correo info@juanadevega.org.
José Manuel Andrade Calvo
Fundación Juana de Vega