CONTRATACIÓN DUN SERVIZO DE AUDITORIA PARA PRESTAR APOIO NAS ACTIVIDADES DO PROXECTO INTERREG EUROPE Down to Earth - Tackling depopulation challenges to improve environmental resilience in rural areas

Share

A Fundación Juana de Vega é beneficiaria do proxecto “Down to Earth - Tackling depopulation challenges to improve environmental resilience in rural areas” cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg Europe 2021-2027.

O proxecto reúne a un grupo de organizacións de diferentes rexións de toda Europa que traballan en diferentes aspectos relacionados coa redución do risco de desastres e co desenvolvemento rural, que cren firmemente que o mantemento da poboación e o fomento de prácticas sostibles son fundamentais para frear o deterioro ambiental, e que isto pode contribuír en gran medida á prevención de riscos ambientais.

O proxecto colaborará para identificar e promover solucións para xestionar, manter e mellorar o capital natural, para reducir o risco e o impacto dos desastres ambientais, ao tempo que se xeran oportunidades económicas e sociais para atraer poboación ás zonas rurais.

O obxectivo principal de “Down to Earth” é contribuír á mellora no uso das ferramentas e recursos dispoñibles, incluídos os fondos da Política de Cohesión, nas rexións participantes, buscando en última instancia promover o desenvolvemento sostible e aumentar a resiliencia ao risco de desastres ambientais das comunidades rurais en toda Europa.

O consorcio está composto por 8 socios e dúas autoridades políticas asociadas e está liderado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

  1. Obxectivo do servizo

O servizo desta contratación ten como finalidade facilitar á Fundación Juana de Vega un servizo de auditoría externa dos gastos realizados no proxecto Down To Earth durante os 4 anos de duración deste.

Os períodos que cobren os informes de progreso son habitualmente de seis meses, excepto o informe de progreso final que cubrirá nove meses (seis meses de execución + tres meses de peche do proxecto).

Os informes de progreso deberán enviarse ao programa nun período de tres meses posterior a cada período de reporte, excepto no caso do último informe que debe ser enviado ao final do proxecto.

Os auditores designados son os responsables de verificar que os gastos declarados por cada socio participante nun proxecto cumpren a lexislación aplicable, e que as normas do programa e que os produtos e servizos financiados foron entregados e pagados. Na práctica, isto significa que cada socio debe solicitar a confirmación dos gastos informados dun auditor autorizado polo membro da Unión Europea (UE) que corresponda.

  • Características do servizo:

A tarefa dos auditores consistirá en verificar que os gastos comunicados polos socios en cada informe cumpren as seguintes condicións:

  • Os custos son subvencionables de acordo coas diferentes fontes de normas mencionadas no apartado 6.1 do manual do programa (normas europeas, do programa, nacionais e internas). O manual do programa pode consultarse aquí (só dispoñible en inglés).
  • As condicións do programa, o modelo de solicitude aprobado e o contrato de subvención foron observados e seguidos.
  • As facturas e pagamentos están correctamente rexistrados (a través de rexistros contables separados ou códigos contables adecuados ao proxecto) e suficientemente xustificados mediante documentos xustificativos.
  • As actividades relacionadas, subministracións e servizos subcontratados están en curso ou foron entregadas ou realizadas.
  • Respectáronse as normas comunitarias e nacionais, especialmente en materia de información e publicidade, contratación pública, axudas estatais e principios horizontais de igualdade de xénero, non discriminación e desenvolvemento sostible.

A metodoloxía para a revisión dos gastos establécese no documento do programa “Risk based management verifications methodology” (dispoñible aquí, só en inglés).

Os auditores deben estar familiarizados co contido das directivas e regulamentos europeos, especialmente:

  • Regulamento (EU) No 2021/1060 (Disposicións comúns)
  • Regulamento (EU) No 2021/1058 (Regulamento FEDER)
  • Regulamento (EU) No 2021/1059 (Regulamento de cooperación territorial europea)
  • Directivas europeas de contratación pública.

Os auditores deben estar inscritos no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC), ben sexa individualmente ou como socios exercentes dunha Entidade Auditora á que pertenzan. Deben tamén ter un bo dominio do inglés dado que todos os documentos do programa (incluíndo o informe dos socios, o informe de control e as checklists) están en inglés.

  • Prazo de execución das accións

Desde o 1 de marzo de 2023 ata xuño de 2027.

  • Documentación a entregar
  • Oferta económica.
  • Memoria describindo as aptitudes e coñecementos profesionais do auditor e en especial respecto da auditoría de proxectos cofinanciados con fondos da UE (Fondos Estruturais e FEDER en particular).
  • Certificados de competencia en Inglés (B2 ou superior).
  • Criterios de selección
  • Oferta económica (80 puntos)

P= (PM X MO)/OF

P= Puntuación a outorgar a cada oferta

PM= Puntuación máxima de cada criterio (80 puntos)

MO= Importe da oferta máis económica (en euros)

OF= Oferta que se valora (en euros).

  • Experiencia en auditoría de proxectos cofinanciados con fondos da UE (Fondos Estruturais e FEDER en particular) (15 puntos)

Un punto por cada proxecto con fondos FEDER auditado

  • Dominio do inglés (5 puntos)

2,5 puntos por certificado B2

5 puntos por certificado C1 ou superior

  • Importe máximo:

Auditoría 1º semestre: 500 euros (IVE incluído)

Auditoría 2º semestre: 500 euros (IVE incluído)

Auditoría 3º semestre: 500 euros (IVE incluído)

Auditoría 4º semestre: 500 euros (IVE incluído)

Auditoría 5º semestre: 500 euros (IVE incluído)

Auditoría 6º semestre: 500 euros (IVE incluído)

Auditoría 7º semestre: 500 euros (IVE incluído)

Auditoría 8º semestre: 500 euros (IVE incluído)

Total do proxecto: 4.000 euros (IVE incluído).

  • Prazo e forma de presentación da oferta:

O prazo para presentar a oferta será de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte aquel en que se publique a convocatoria.

As ofertas deben enviarse por correo electrónico a tgesto@juanadevega.org.