Resumo do proxecto:
A Fundación Juana de Vega é beneficiaria do proxecto FunCAP(A Fun way to boost New Generations CAP knowledge) da Convocatoria IMCAP-2021 (Support for information measures relating to the Common Agricultural Policy for 2021) financiada pola Comisión Europea.
A PAC é unha das maiores fontes de financiamento público da UE. Non obstante, moitos sectores da sociedade non teñen un coñecemento profundo da contribución da PAC ao benestar dos cidadáns europeos e moitas veces hai equívocos e desinformación respecto dos obxectivos finais desta política. Esta necesidade de información ten aínda maior importancia en ámbitos como a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, unha zona de fortes interrelacións sociais, económicas e culturais, repleta de oportunidades e de gran potencial de desenvolvemento futuro.
O proxecto FunCAP traballa con 400 mozos de entre 15 e 18 anos e os seus profesores para presentar de xeito lúdico a PAC, fomentando o seu coñecemento de como contribúe ao desenvolvemento do medio rural e á mellora ambiental. Farase un esforzo especial para eliminar toda a desinformación, as narrativas pexorativas e as falsas noticias existentes entre a poboación que rodea esta política.
A metodoloxía empregada centrarase en aprender sobre o PAC mentres se xoga, desenvolvendo un xogo de mesa en formato físico e dixital orientado a facilitar a divulgación da importancia da PAC no orzamento europeo e a súa contribución á soberanía alimentaria e á sustentabilidade.
O proxecto, mediante a colaboración con medios especializados, proporcionará ao público en xeral información que lle axudará a impulsar o seu coñecemento e percepción social da contribución da PAC ao desenvolvemento económico e á mellora ambiental das zonas rurais.
Obxectivo do servizo:
O obxectivo do servizo é o de fornecer ao proxecto FUNCAP de dous medios de comunicación de implantación territorial demostrada en Galicia e na Rexión Norte de Portugal que poidan contribuír á diseminación e comunicación das actuacións do proxecto FUNCAP. O obxectivo é asegurar que se alcance o maior público obxectivo desde o inicio do proxecto. O principal obxectivo é difundir e comunicar as actividades e resultados a todas as partes interesadas relevantes para aumentar o impacto do proxecto e axudar a consecución de todos os obxectivos do mesmo.
Características do servizo:
As propostas seleccionadas deberán deseñar unha serie de materiais e ferramentas informativas (artigos, vídeos, etc.) que:
- Comuniquen as actividades do proxecto a todas as partes interesadas relevantes.
- Difundan os resultados do proxecto a todos os axentes relevantes e usuarios potenciais.
- Informen aos cidadáns sobre a PAC e contribúan a desmantelar as principais percepcións erróneas ou "falsas novas" do público en xeral sobre a PAC.
Os medios dixitais deberán estar enfocados a informar sobre os sectores agrícola, gandeiro, e forestal. Estes medios deberán ter capacidade para realizar entrevistas e xerar información para o sector profesional (axudas, prezos, artigos técnicos, etc.). Os medios deben ter cobertura rexional e nacional.
Accións a desenvolver:
LOTE 1: España
1) Desenvolvemento dunha serie de 12 artigos explicando os principais aspectos da PAC desde un punto de vista social, ambiental e produtivo. Creación dunha sección específica no medio de comunicación subcontratado para explicar a PAC, as súas principais actuacións, historia e impacto positivo no medio rural e na sociedade en xeral. Deberá crearse unha sección específica nos medios e un link na páxina principal para dirixir aos usuarios a esta sección. A información desta sección debe permitir aos participantes nas dinámicas do proxecto aprender sobre a PAC previamente ao inicio das dinámicas de xogo.
2) Realización dun vídeo sobre a dinámica de participación en España e Portugal que recolla todas as fases do proceso de participación con entrevistas con educadores, estudantes e expertos que participan nas dinámicas.
3) Redacción dun artigo sobre as propostas resultantes das dinámicas de participación dos centros.
4) Realización de cinco vídeos de 1-2 minutos desmontando as principais percepcións erróneas ou "falsas novas ”do público en xeral sobre a PAC
LOTE 2: Portugal

2) Redacción dun artigo sobre as propostas resultantes das dinámicas de participación dos centros.
Documentación a entregar:
- Memoria descritiva indicando as fases do traballo a realizar para acometer cada un dos puntos indicados no apartado anterior, indicando o lote ao que se presenta, facendo referencia á calidade gráfica e técnica dos materiais a desenvolver (artigos, vídeos, etc.), á experiencia dos profesionais do medio na difusión de información no sector agroalimentario e as posibles melloras que se ofrecen.
- Estatísticas de impacto do medio no sector agroalimentario.
- Oferta económica.
Prazo execución das accións:
Desde setembro de 2021 até xullo de 2022
Criterios de selección:
A maiores da oferta económica terase en conta para a adxudicación:
- Implantación sectorial e audiencia.
- Experiencia dos profesionais do medio.
- Calidade gráfica e técnica dos materiais a publicar.
- Servizos complementarios: revisión de textos, vídeos, organización de eventos, etc.
Importe máximo.
LOTE 1 (España)
1) Desenvolvemento dunha serie de 12 artigos explicando os principais aspectos da PAC desde un punto de vista social, ambiental e produtivo. Creación dunha sección específica no medio de comunicación subcontratado para explicar a PAC, as súas principais actuacións, historia e impacto positivo no medio rural e na sociedade en xeral. Deberá crearse unha sección específica nos medios e un link na páxina principal para dirixir aos usuarios a esta sección. A información desta sección debe permitir aos participantes nas dinámicas do proxecto aprender sobre a PAC previamente ao inicio das dinámicas de xogo.
Importe sen IVE: 7.024,79 €
Importe IVE incluido: 8.500,00 €
2) Realización dun vídeo sobre a dinámica de participación en España e Portugal que recolla todas as fases do proceso de participación con entrevistas con educadores, estudantes e expertos que participan nas dinámicas.
Importe sen IVE: 4.132,23 €
Importe IVE incluido: 5.000,00 €
3) Redacción dun artigo sobre as propostas resultantes das dinámicas de participación dos centros.
Importe sen IVE: 1.239,67 €
Importe IVE incluido: 1.500,00 €
4) Realización de cinco vídeos de 1-2 minutos desmontando as principais percepcións erróneas ou "falsas novas ”do público en xeral sobre a PAC
Importe sen IVE: 2.479,34 €
Importe IVE incluido: 3.000,00 €
TOTAL LOTE 1
Importe sin IVE: 19.834,71 €
Importe IVE incluido: 24.000,00 €
LOTE 2 (Portugal)
1) Desenvolvemento dunha serie de 12 artigos explicando os principais aspectos da PAC desde un punto de vista social, ambiental e produtivo. Creación dunha sección específica no medio de comunicación subcontratado para explicar a PAC, as súas principais actuacións, historia e impacto positivo no medio rural e na sociedade en xeral. Deberá crearse unha sección específica nos medios e un link na páxina principal para dirixir aos usuarios a esta sección. A información desta sección debe permitir aos participantes nas dinámicas do proxecto aprender sobre a PAC previamente ao inicio das dinámicas de xogo.
Importe sen IVE: 7.024,79 €
Importe IVE incluido: 8.500,00 €
2) Redacción dun artigo sobre as propostas resultantes das dinámicas de participación dos centros.
Importe sen IVE: 1.239,67 €
Importe IVE incluido: 1.500,00 €
TOTAL LOTE 2
Importe sen IVE: 8.264,46 €
Importe IVE incluido: 10.000,00 €
Prazo e forma de presentación da oferta:
O prazo para presentar a oferta será de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte aquel en que se publique a oferta.
A oferta deben enviala a través do correo info@juanadevega.org.
José Manuel Andrade Calvo
Fundación Juana de Vega