Concesión do proxecto SUDOE I-ReWater

Share

Desde a Fundación Juana de Vega sumámonos ás felicitacións a todo o consorcio pola concesión do proxecto I-ReWater, que liderará a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, e do que tamén forma parte a nosa entidade.

O noso reto común no trienio 2024-2026: optimizar o uso de auga rexenerada en cultivos de regadío no espazo SUDOE, a rexión formada polo territorio da Península Ibérica, Principado de Andorra e Sur de Francia.

Este proxecto enmárcase dentro da convocatoria Interreg Sudoe 2021-2027. Conta cun orzamento de máis de 2,2M€ e está financiado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

A prioridade desta investigación aplicada, impulsada por un consorcio de 16 entidades, é a preservación do capital natural para reforzar a súa adaptación ao cambio climático, ademais da promoción do acceso á auga e unha xestión sostible dos recursos hídricos no denominado espazo SUDOE.

Neste proxecto, a Fundación Juana de Vega será responsable da comunicación, diseminación e explotación de resultados. Ademais, traballará na medición do impacto socioeconómico do uso de augas rexeneradas de depuradora na agricultura.

O noso seguinte fito será a reunión de lanzamento que terá lugar a mediados de febreiro de 2024 no Campus Terra (Lugo) da USC.

Consorcio

  • Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus Terra, Universidade de Santiago de Compostela - USC (líder) (España)
  • Agencia de Medio Ambiente y Agua de Andalucía (AMAYA) (España)
  • Àrea Metropolitana de Barcelona (AMB) (España)
  • Fundación Juana de Vega (España)
  • Gestagua (España)
  • Instituto de Ciencias de la Vid y el Vino (ICVV) (España)
  • IRTA (Instituto de Investigación y Tecnología Agroalimentarias) (España)
  • Oficina del Regant del Departament d’Acció Climàtica i Agenda Rural (OdR) de la Generalitat de Catalunya (España)
  • Universidad de Córdoba (UCO). Escuela Técnica Superior de Ingeniería Agronómica y de Montes. Departamento de Agronomía (España)
  • Govern d'Andorra (Andorra)
  • HOPEN - Terre de houblon (Francia)
  • INRAE (Institut national de recherche pour l’agriculture, l’alimentation et l’environnement) (Francia)
  • Águas do Norte, S.A. (Portugal)
  • Instituto Nacional de Investigação Agrária e Veterinária, IP (INIAV, IP) (Portugal)
  • Instituto Politécnico de Bragança (Portugal)
  • Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro. Escola de Ciências Agrárias de Veterinárias. Departamento de Agronomia (Portugal)