
Nesta ocasión contaremos coa presenza de Alessandro Tocollini, Arquitecto da paisaxe e Enxeñeiro civil, profesor de deseño do territorio e a paisaxe na Universidade de Milán.
Tocollini realizará unha exposición desde a perspectiva das infraestruturas verdes sobre o “Deseño de lugares agradables na cidade” e “Vías Verdes urbanas”.
A conferencia terá lugar na sede da Fundación o martes 5 de abril ás 17:30 h, e será de acceso libre mediante inscrición no seguinte email:Info@juanadevega.org.
