Novas

Beatriz Suárez Sánchez, directora da Área de Desenvolvemento Rural da Fundación Juana de Vega, participa no Vertical Summit en Vigo.

A Fundación Juana de Vega expón en tres foros a súa contribución ao desenvolvemento rural de Galicia a través do emprendemento, a I+D+i e a participación social

Beatriz Suárez Sánhez, directora da Área de Desenvolvemento Rural da Fundación Juana de Vega, participa esta semana como convidada en tres xornadas en Vigo, Lugo e A Coruña. Nelas presentará o traballo da nosa entidade para promoción do medio rural de Galicia desde diferentes sectores e tamén apoiando a formación de novos profesionais recibindo estudantes en prácticas.

Ampliar

Xornadas formativas sobre valorización do monte e certificacións forestais no Courel e en Rianxo

No marco do proxecto CAPRIF-CC (Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes ante Incendios Forestais e Cambio Climático), que lidera a Fundación Juana de Vega, organízanse dúas novas xornadas formativas sobre a valorización dos recursos do monte. Terán lugar en Seoane do Courel (Lugo) e Rianxo (A Coruña) o xoves 12 e o martes, 17 de setembro, ambas de 17:00 a 20:00h. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente.

Ampliar

O Grupo Operativo Avea Moura lanza unha consulta para documentar o consumo de papas de avea en Galicia e a terminoloxía específica

Ademais de investigar, no marco do Grupo Operativo Avea Moura tamén queremos recuperar a tradición vinculada á avea negra galega, a 𝐴𝑣𝑒𝑛𝑎 𝑆𝑡𝑟𝑖𝑔𝑜𝑠𝑎 e, en xeral, ao cultivo e consumo da avea en Galicia. Os interesados en colaborar nesta consulta, ademais de deixar a súa achega en redes sociais, tamén nos poden escribir ao email info@juanadevega.org.

Ampliar