Novas

O I Foro Rural Terras Gauda reflexiona sobre o futuro do viño galego 

A participación de Alfonso Ribas na coordinación do evento reflicte o compromiso da Fundación Juana de Vega coa sostibilidade do sector vitivinícola, participando en proxectos europeos sectoriais como ECOSPHEREWINES ou Soil&WineResidues. Ademais, a Fundación tamén coordinou a elaboración da “Estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas de Galicia”. 

Ampliar

A Fundación Juana de Vega, a Fundación Eduardo Pondal e o IET impulsan o proxecto O Couto Florido para consolidar a aldea como un referente en revitalización rural

Entre a primavera e o verán, realizaranse unha serie de accións para a mellora paisaxística e cultural da aldea do Couto, en Ponteceso (A Coruña). Durante a primeira das tres xornadas previstas, os asistentes identificarán os espazos de oportunidade para plantar as sementes autóctonas recollidas a través de accións de voluntariado e realizar intervencións paisaxísticas que reforcen a identidade desta comunidade.

Ampliar