
Bo Nadal e Feliz 2026!
Nestes días tan especiais, todo o equipo da Fundación Juana de Vega quere transmitirvos os nosos mellores desexos.

Nestes días tan especiais, todo o equipo da Fundación Juana de Vega quere transmitirvos os nosos mellores desexos.

A principios deste outono, entre o 25 de setembro e o 3 de outubro de 2025, a Fundación Juana de Vega realizou unha misión técnica a Costa Rica e Honduras,

O proxecto pecha dous anos de traballo colaborativo en cinco territorios de Galicia e Asturias, sentando as bases de modelos de xestión multifuncional replicables noutros montes.

Os interesados poden candidatarse ata o 5 de decembro nas modalidades, Emprendemento e Crecemento e Consolidación. Está dirixido aos campos agroalimentario, forestal, bioeconomía, marisqueiro e pesqueiro, planta ornamental ou iniciativas de base tecnolóxica e de servizos que lles dean soporte. Os doce proxectos seleccionados participarán en 2026 nun programa de 50 horas formación e 25 mentoría totalmente personalizadas ao seu caso.

A cata técnica foi realizada por alumnado do IES O Ribeiro, onde se imparte un ciclo formativo sobre esta rama.

A Casa do Aceite de Quiroga recibiu un accésit. A Fundación Juana de Vega acolleu hoxe a presentación dos once proxectos beneficiarios do XIII Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias, localizados en Ponteareas, Fornelos de Montes, Cerceda, Quiroga, Sarria, Sada, Baralla, Taboada, Pantón e Sanxenxo.
A inscrición para participar na próxima edición do programa estará aberta ata o venres, 5 de decembro na web programadeapoyo.juanadevega.org.

Durante a gala anual de celebrada hoxe en Carballo entregáronse as Flores de Honra aos 41 concellos de menos de 40.000 habitantes que participaron nesta 8ª edición. Allariz, Carballo, Chantada, Salceda de Caselas e Tomiño volveron recibir 4 Flores de Honra pola execución dos seus programas ambientais.

O Espazo Rosalía de Mera de Oleiros e o Xardín de polinizadores Fernando Fueyo de Negueira de Muñiz recibiron os dous accésits. O xurado decidiu conceder tres mencións especiais a Fraga do Alén (Lalín), a Recuperación ecosocial no patio escolar do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves) e á Humanización de San Pedro de Leirado (Quintela de Leirado).

Este proxecto europeo, liderado pola Fundación Juana de Vega, aposta por integrar natureza, ciencia e tradición na xestión da paisaxes vitícola da IXP Betanzos, onde se localizada a zona experimental na nosa comunidade. O consorcio organizou hoxe unha xornada con charlas técnicas e cata comentada de variedades da IXP Betanzos que materializan esta nova forma de entender a paisaxe.

O documental analiza a importancia do traballo feminino nas industrias do mar de Galicia. A través de entrevistas realizadas a mulleres ocupadas no sector pesqueiro e de transformados da pesca o documental dá conta da súa participación laboral, da fenda salarial de xénero así como dos cambios nas condicións laborais no período que cubre o último terzo do século XX e o primeiro do XXI.

As xornadas están organizadas polo Concello de Vigo en colaboración coa Fundación Juana de Vega.

A Fundación Juana de Vega, en tanto que beneficiaria principal do proxecto ECOSPHEREWINES, saca a contratación un servizo de xardinería para a plantación de froiteiras e sebes multifuncionais para a restauración e revalorización na parcela experimental de “A Picha”, localizada en Paderne (A Coruña), necesarios para a execución da “Actividade 2.3. Implementación de solucións baseadas na natureza (SBN) nas áreas de experimentación” previstas no proxecto ECOSPHEREWINES.