Novas

O proxecto CAPRIF-CC impulsa en Galicia e Asturias oito proxectos emprendedores vinculados á bioeconomía forestal

O programa de emprendemento do proxecto CAPRIF-CC, que coordinamos desde a Fundación Juana de Vega, iniciou este martes, 13 de maio o proceso de tutorización e apoio guiado das 8 iniciativas seleccionadas.
Desde a Fundación Juana de Vega estamos a achegando a nosa experiencia en emprendemento rural no sector da xestión forestal para impulsar a bioeconomía e o emprego verde. O primeiro taller estivo dedicado a definir os modelos de negocio dos promotores. Tivo lugar na Casa das Ínsuas, en Rábade (Lugo).

Ampliar

Como favorecer a remuda xeracional no sector lácteo de Galicia?

José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega, participou o xoves, 8 de maio na mesa redonda de “O Encontro de Sober 2025” que levou por título “¡Galicia es la leche!”. Durante a súa intervención, ademais de recordar e argumentar os motivos polos que o sector lácteo é estratéxico para Galicia, centrouse nos retos de futuro apuntando directamente á remuda xeracional.

Ampliar

A Fundación Juana de Vega, a Fundación Eduardo Pondal e o IET impulsan o proxecto O Couto Florido para consolidar a aldea como un referente en revitalización rural

Entre a primavera e o verán, realizaranse unha serie de accións para a mellora paisaxística e cultural da aldea do Couto, en Ponteceso (A Coruña). Durante a primeira das tres xornadas previstas, os asistentes identificarán os espazos de oportunidade para plantar as sementes autóctonas recollidas a través de accións de voluntariado e realizar intervencións paisaxísticas que reforcen a identidade desta comunidade.

Ampliar
Xornada do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo #MAPA_E 2025: Ecosistema de emprendimiento e inversión de Galicia-En Construcción

A Rede de Polos, primeiro chanzo de axuda no ecosistema do emprendemento

O venres, 22 de marzo, David F. Veloso, un dos coordinadores da Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego na Fundación Juana de Vega, participou en Vigo (Pontevedra) na terceira edición do “#MAPA_E 2025: Ecosistema de emprendemento e investimento de Galicia  En Construcción”. Este foi un evento impulsado polo Círculo de Empresarios de Galicia xunto á Xunta de Galicia e ABANCA, que reuniu a representantes do ecosistema emprendedor da nosa comunidade cunha visión de futuro.

Ampliar