Novas

A Fundación Juana de Vega abre a inscrición na edición 2026 do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias

Os interesados poden candidatarse ata o 5 de decembro nas modalidades, Emprendemento e Crecemento e Consolidación. Está dirixido aos campos agroalimentario, forestal, bioeconomía, marisqueiro e pesqueiro ou iniciativas de base tecnolóxica e de servizos que lles dean soporte. Os doce proxectos seleccionados participarán en 2026 nun programa de 50 horas formación e 25 mentoría totalmente personalizadas ao seu caso.

Ampliar

A avea negra autóctona impulsa a innovación galega coa presentación dos primeiros prototipos cosméticos e alimentarios

O Grupo Operativo Avea Moura celebrou hoxe unha xornada de transferencia ao sector durante a que se puido testear desde unha crema facial para peles con rosácea a degustar pans singulares, un “Garum” de avea e outros fermentados para alta cociña. Os socios desta investigación aplicada de tres anos son a Misión Biológica de Galicia – CISC, nós, a Fundación Juana de Vega, o restaurante Culler de Pau e a cooperativa Muuhlloa. Colaboran CIAM, INORDE, Universidade da Coruña e Panadería Dacunha.

Ampliar

Networking no Polo de Ferrol

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Ferrol celebrou unha xornada de networking con 35 persoas beneficiarias da entidade onde compartiron os seus proyectos, crearon redes de contacto e estableceron sinerxias e colaboracións.

Ampliar