Novas

O Observatorio Eólico de Galicia asesora ao Concello de Xermade sobre o impacto social e económico do Parque Eólico de Santuario

A xornada informativa está promovida polo goberno local debido á preocupación xerada pola implantación desta futura instalación de enerxía renovable. Cerca da metade dos 23 aeroxeneradores previstos estarían situados a menos de 500 metros dos núcleos de poboación, incumprindo a normativa vixente.
Santuario comprometería durante os vindeiros 30 anos o uso de 8.278,45 hectáreas de terreo, o equivalente a uns 10.000 campos de fútbol profesionais sen a contraprestación dunha renda rural xusta.

Ampliar

A Fundación Juana de Vega concede á cooperativa Vélaro o I Premio ao Emprendemento Agroalimentario

O xurado valorou a iniciativa desenvolta por esta entidade de economía social para profesionalizar o sector e mellorar o seu impacto social en toda Galicia. A Fundación organizou hoxe un evento público para respaldar os once proxectos de emprendedores e empresas que participaron este 2023 no seu Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias.
A inscrición na edición 2024 estará aberta unha semana máis ata o 5 de decembro na web programadeapoyo.juanadevega.org.

Ampliar
Luis Quinteiro González

Luis Quinteiro, coordinador do Curso de fruticultura e técnicas de cultivo 2023 | “A boa acollida recibida nestes once anos indica que é unha formación necesaria para manter un medio rural vivo”

Durante este outono, unha vintena de alumnos continuarán formándose no curso de Aproveitamento e transformación de produtos frutícolas promovido pola Fundación Juana de Vega en colaboración co CFEA de Guísamo. Luis Quinteiro González é o director e coordinador técnico desta veterana formación.

Ampliar