O consorcio do proyecto Comunidades Activas y Paisajes Resilientes a Incendios Forestales y Cambio Climático (CAPRIF-CC) presentará o seu Comité Científico durante un acto oficial este mércores, 23 de abril ás 11:00 horas na sala de eventos do Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
O Comité Científico de CAPRIF-CC está composto por expertos de diversas disciplinas que achegarán o seu coñecemento para asesorar sobre a identificación de medidas e accións que permitan previr e combater os incendios forestais e mitigar os efectos do cambio climático nas rexións de Galicia e Asturias.
Programa
O evento comezará ás 11:00h coas intervencións da directora da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), Inês Gusman; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade Calvo; e a vicerreitora de Política Científica da USC, Pilar Bermejo Barreira.
A continuación, ás 11:30 horas, a coordinadora do proxecto e directora da área de Desenvolvemento Rural da Fundación Juana de Vega, Beatriz Suárez Sánchez, presentará os detalles do proxecto CAPRIF-CC. Posteriormente, ás 11:45 horas, os socios do proxecto CAPRIF-CC, entre eles a Fundación Juana de Vega, a Fundación Montescola, a Fundación CETEMAS, a Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Fundación CEER, presentarán os resultados obtidos ata o momento.
Ás 12:45 horas, os subcomités científicos do proxecto CAPRIF-CC reuniranse para continuar co traballo colaborativo. O evento finalizará ás 14:00 horas coas conclusións das mesas de traballo.
CAPRIF-CC está financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), apoiado pola Unión Europea mediante os fondos NextGenerationEU. O seu obxectivo é crear comunidades máis resilientes ante os incendios forestais e o cambio climático, protexendo os ecosistemas e promovendo o desenvolvemento sostible en Galicia e Asturias.
