O 2025 foi, unha vez máis, un ano intenso: cheo de proxectos, reunións, xornadas, actividades formativas e milleiros de quilómetros percorridos por Galicia para estar preto da xente que vive e traballa no rural.
Pasou moi rápido, case sen decatarnos. Pero ao revisar correos, fotos, vídeos e informes, decatámonos de todo o que fixemos e de todo o que nos propuxemos para seguir construíndo o futuro que queremos, sempre a carón das persoas. Porque elas, porque vós, sodes, sen dúbida, o máis importante do noso traballo.
De cara a 2026, o noso propósito segue sendo o mesmo: contribuír a que o rural galego sexa un lugar onde calquera persoa poida asentarse, desenvolver o seu talento e xerar riqueza, coidando o territorio con respecto e responsabilidade. Nesa tarefa gustaríanos seguir contando convosco.
Por iso, nestes días tan especiais, todo o equipo da Fundación Juana de Vega quere desexarvos unhas boas festas e un feliz ano novo 2026.

