Desde 2022, o Grupo Operativo DIXITEGA estivo traballando co sector para desenvolver unha nova plataforma dixital que integra, de forma intuitiva e ordenada, as distintas fontes de datos relevantes para os axentes da cadea de valor da IXP Ternera Gallega. Os datos que se poderán consultar online, en calquera momento e desde calquera dispositivo móbil con conexión a Internet, van desde o custo das materias primas, a evolución dos prezos, a oferta e tipoloxía de animais para comercialización, as estatísticas de produción, o sacrificio ou o consumo de carne.
As cinco xornadas están dirixidas aos gandeiros e gandeiras inscritos na IXP Ternera Gallega e, durante elas, abordarase o funcionamento desta nova plataforma do Grupo Operativo DIXITEGA. Ademais de presentar a aplicación, serán tamén unha oportunidade para coñecer outras ferramentas que os gandeiros de carne teñen a súa disposición de maneira gratuíta para avanzar na dixitalización e profesionalización do sector como "Contacarne".
Estes encontros sectoriais terán lugar en Lugo, Becerreá, Vilalba, A Gudiña e Santiago entre o 18 de xuño e o 2 de xullo en horario de tarde.
Calendario
LUGO - 18 de xuño | Pazo de Feiras e Congresos (Sala 2 - río Miño). Av. dos Deportes s/n.
BECERREÁ - 20 de xuño | Casa da Cultura. Rúa Eulogio Rosón s/n.
VILALBA - 25 de xuño | Cento Cultural e Recreativo de Vilalba. Praza da Constitución, nº2.
A GUDIÑA - 27 de xuño | Hotel Restaurante Suizo. Rúa Beato Sebastián de Aparicio.
SANTIAGO - 2 de xullo | Sede do Consello Regulador. Rúa do Obradoiro C.A.B., nº2.
Programa
18:30-18:40h.- Benvida
18:40-19:00h.- Presentación da plataforma DIXITEGA.
19:00-19:20h.- Ferramenta de control de custos nas producións de carne: aplicación Contacarne.
19:20-19:40h.- Servizos gratuítos de apoio a transformación dixital no sector agrogandeiro.
19:40-20:00h.- Actualidade da IXP Ternera Gallega.
20:00-20:30h.- Petiscos e tempo de intercambio.