Proxectos

A dixitalización das cadeas de valor nos diferentes sectores agrarios é unha tendencia en curso que se acelerou como resultado da pandemia. Non obstante, o agrícola segue a ser un dos menos dixitalizados a pesar de que se ten identificado como unha das necesidades máis importantes no futuro máis inmediato. Acceder a datos de calidade, operar con eles ou

O sector agrario galego enfróntase a un importante reto demográfico. No 2020 soamente o 8% dos xefes de explotación tiñan menos de 40 anos e o 54% destes tiñan máis de 60, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística. Ademais, o modelo clásico de remuda xeracional intrafamiliar xa non é suficiente. A incorporación dos chamados novos entrantes, persoas que

A Fundación Juana de Vega participa na acción de Cooperación Técnica "Indicacións xeográficas para o cacao mesoamericano" financiada por Fontagro (https://www.fontagro.org/new/projects/indicacionesgeograficas/es), coordinada pola Universidade Nacional de Costa Rica e na que participan, ademais da Fundación, a Cooperativa de Servizos Múltiples Cacao Boratoreña (COCABO-Panamá), o Instituto Nicaragüense de Tecnoloxía Agraria (INTA-Nicaragua) e a Fundación Hondureña de Investigacións Agrarias (FHIA-Honduras). O

A Fundación Juana de Vega participa xunto con 5 entidades europeas no proxecto FOOD IMPROV´IDERS da convocatoria Erasmus + (KA204 Strategic Partnerships for adult education). Durante 36 meses os socios traballarán para: O consorcio do proxecto conta cos seguintes socios de Francia, Hungría, Eslovenia, Italia e Bulgaria: A Fundación Juana de Vega participará no deseño e avaliación dos escenarios

A Fundación Juana de Vega foi beneficiaria dunha subvención para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (nº de expediente IN607 2020/02). A axuda está xestionada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de

A Fundación Juana de Vega foi beneficiaria dunha subvención para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (nº de expediente IN607 2020/02). A axuda está xestionada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de

Introdución e descrición No competitivo mercado do viño é fundamental atopar o elemento que confira aos caldos un carácter único. A fermentación do mosto para obtención de viño é posible grazas á actividade dos lévedos, microorganismos encargados de transformar o azucre en alcohol, CO2 e un grande número de compostos minoritarios, pero cualitativamente importantes que determinan as características químicas e

A Fundación Juana de Vega, o Instituto Galego de Calidade Agroalimentaria da Xunta de Galicia (INGACAL) e a Consellería do Medio Rural asinaron un convenio para a identificación e caracterización de todas as variedades vexetais autóctonas de Galicia que poidan ter interese agrario (unhas 86 variedades de horta, froiteiras, forraxeiras, cereais, millo e vide), co obxectivo de inscribilas nos

O obxectivo principal da investigación financiada pola Fundación que se desenvolverá entre os anos 2017 e 2020 polo CSIC, a través do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra), e coa colaboración da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAG). A investigación ten catro obxectivos fundamentais. O primeiro, ampliar e completar a identificación das