Proxectos

O propietario do Pazo do Faramello, en Rois, quixo render homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois, por medio da cesión dun espazo de 7.200 m2 para a construción dun xardín que deseñou gratuitamente a Escola Galega da Paisaxe da Fundación. O deseño consiste nun percorrido axardinado no que se plantou unha árbore en representación de cada unha das

No mes de Febreiro de 2014, fíxose entrega aos responsables da Asociación de Familias de Persoas con discapacidade Psíquica (Amicos) da proposta definitiva do proxecto de axardinamento do novo centro que está a construír en Boiro e que se elaborou de maneira totalmente gratuíta por parte da Escola Galega da Paisaxe como unha colaboración coa devandita entidade. O proxecto

A exposición La esencia del jardín: Leandro Silva nace a partir da doazón do chamado Legado Silva que a súa viúva, Julia Casaravilla, lle fai á Escola Técnica Superior de Arquitectura da Politécnica de Madrid (ETSAM) no ano 2004. O Legado Silva inclúe proxectos, fotografías, textos, anotacións, pinturas, trazos e pensamentos, amais doutros documentos que contextualizan a traxectoria do

No marco do convenio asinado pola Fundación coa Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas, impulsouse un programa formativo para introducir nos centros de educación infantil e primaria, tanto de carácter público como privado de Galicia, a posta en valor da paisaxe. Este programa formativo pioneiro en Galicia, persegue concienciar aos escolares, desde as idades máis temperás, sobre a necesidade