A mostra sobre Juana de Vega visita o IES Urbano Lugrís de Malpica

Share

Ata finais de mes, a exposición sobre Juana de Vega permanecerá no IES Urbano Lugrís de Malpica (A Coruña). Con esta estadía, continuamos divulgando a figura e obra da nosa fundadora entre a comunidade escolar tras o paso da mostra polo Centro Cívico Cultural. Aquí, durante a primeira quincena de maio, puido visitala a veciñanza deste municipio da Costa da Morte.

Desde a entidade queremos destacar e agradecer a estreita colaboración co profesor e responsable da biblioteca escolar, José Luis Castro, quen, a iniciativa propia, solicitou a estadía da mostra no seu instituto e motivou a colaboración previa co Concello de Malpica.

Desde a Fundación Juana de Vega agardamos que o alumnado poida aprender sobre Juana de Vega, a muller con maior influencia política do século XIX, e ao tempo, ampliar coñecementos sobre a historia de España, o liberalismo e tamén sobre o papel da muller, en xeral, neste momento histórico.