Oleiros, 4 de xuño de 2018.- O vindeiro 15 de xuño de 2018, venres, celebrarase a Xornada de presentación de resultados do Observatorio de Mobilidade de Terras. O acto terá lugar ás 12:30 horas na Sala Eisenman, no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura e, no mesmo, presentarase o Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia (2017).
O Observatorio de mobilidade de terras de Galicia é resultado do Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Fondo Galego de Garantía Agraria, a Axencia Tributaria de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Juana de Vega e a Universidade de Santiago de Compostela, para a Observación de Mobilidade e o Mercado da Terra en Galicia.
O coñecemento do que acontece co mercado de terras é clave para poder actuar sobre o abandono e axudar no desenvolvemento rural.
Solicítase a confirmación de asistencia antes do martes, 12 de xuño, no teléfono 981 545 858 ou a través do enderezo electrónico agader.direccionxeral@xunta.gal