Oleiros, 16 de xuño de 2011.– A sede da Fundación Juana de Vega acolleu esta mañá a sinatura dun convenio de colaboración entre o presidente da citada entidade, Enrique Sáez, e o director xeral da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Eduardo Vidal, co fin de desenvolver conxuntamente diferentes actividades destinadas ao sector agroalimentario galego.
A primeira actuación en este sentido será o desenvolvemento dun programa de formación en liderazgo dirixido a xerentes, directivos, xestores e emprendedores que se atopen desenvolvendo a súa carreira profesional no ámbito das empresas vinculadas á cadea agroalimentaria e desexen mellorar a súas habilidades na xestión de equipos humanos e do seu propio potencial directivo para mellorar a competitividade e a excelencia das súas empresas.
Nesta edición, este programa de habilidades directivas e coaching enmarcado no Programa de Alta Formación do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño soamente se desenvolverá en catro comunidades autónomas: Galicia, Andalucía, Aragón e Asturias. Tralo éxito alcanzado en edicións anteriores, o CETAL acordou coa Fundación Juana de Vega a celebración dos cursos na sede desta entidade en Oleiros, co que os directivos de empresas da área coruñesa e de toda Galicia disporán de unha oportunidade única para avanzar no perfeccionamento das súas habilidades como xestores nun sector estratéxico para a comunidade galega.
Segundo explicaron esta mañá responsables do programa de formación, divídese en tres partes. A primeira de elas, o taller de iniciación, desenvolverase de maneira intensiva durante unha xornada de catro horas de duración o día 30 de xuño na sede da Fundación Juana de Vega. Nel explicarase toda la operativa do coaching dun modo moi práctico e interactivo, para lograr o máximo aproveitamento por parte dos participantes. O nivel 1 de estes talleres celebrarase durante o mes de setembro e as datas do segundo nivel están aínda por determinar.
No transcurso do acto de firma do convenio, o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, mostrouse moi satisfeito por abrir esta nova vía de colaboración xa que ambas entidades comparten o seu interese por mellorar o nivel de desenvolvemento do medio rural galego e a competitividade do sector agroalimentario, poñendo en valor a produción e a distribución dos produtos ao tempo que se avanza na formación e a investigación.
Pola súa parte, o director xeral do CETAL, Eduardo Vidal, lembrou que a acción conxunta de ambas entidades sen dúbida contribuirá a cumprir os obxectivos descritos por Enrique Sáez. Tamén puxo de manifesto o alto nivel e a utilidade de este programa formativo, que en todas as edicións que leva desenvolvendo a entidade que dirixe alcanzou un gran éxito de participación e de satisfacción por parte de los integrantes de los diferentes talleres.
Este programa de alta formación non é a única acción conxunta que desenvolverán ambas entidades. Outro dos proxectos máis destacados que impulsarán a través deste convenio é o chamado Programa PICEECO, que ten como obxectivo mellorar a competitividade e a xeración de riqueza por parte das empresas ecolóxicas españolas a través de actuacións concretas dirixidas a estas entidades e deseñadas a medida das súas necesidades reais. Para iso deseñarán programas conxuntos de formación, apoios na captación de recursos financeiros, deseño de estratexias sectoriais e outras iniciativas encamiñadas á sostibilidade económica e social destas explotacións, que contribúen a evitar el despoboamento das zonas rurais.