A Fundación Juana de Vega presenta en París o libro "A future for the land: cultural landscapes, rural management and geographical information systems”

Share

Esta publicación recolle as achegas do seminario homónimo celebrado no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil (Ribeira Sacra) en novembro de 2018. Durante dous días expertos internacionais en paisaxismo, Patrimonio Mundial e xestión cultural debateron sobre como as paisaxes culturais, a xestión rural e as novas tecnoloxías poden contribuír a dinamizar as economías locais e a crear emprego e calidade de vida.

As conclusións do Seminario recóllense no libro presentado en París. O resultado é unha publicación que, desde diferentes perspectivas, analiza o papel das novas tecnoloxías dixitais, e especialmente os Sistemas de Información Xeográfica, no recoñecemento dos complexos valores das Paisaxes Culturais e a súa integración nos sistemas de xestión.

No acto de presentación interviñeron Roberto Varela Fariña, Conselleiro Cultural da Embaixada de España en Francia; Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega; Isabel Aguirre de Urcola, directora da Escola Galega do Paisaxe Juana de Vega; Mario Crecente Maseda, coordinador da publicación; e Paul T.Simons, membro de ICOMOS UK. Á finalización do acto houbo unha degustación de viños de Ribeira Sacra.

O 27 de novembro presentouse na Embaixada de España en Francia o libro “A future for the land: cultural landscapes, rural management and geographical information systems” (“Un futuro para o territorio: Paisaxes Culturais, Xestión Rural e Sistemas de Información Xeográfica”), editado pola Fundación Juana de Vega e coordinado por Mario Crecente.