O xoves, 25 de maio, a Fundación Juana de Vega foi convidada a participar na xornada "Por Talento Emprende" organizada por Inserta Empleo, entidade da Fundación ONCE para promover a inserción aboral de persoas con discapacidade.
O director da entidade, José Manuel Andrade, foi un dos relatores convidados ao evento para participar na mesa redonda "Axentes clave do ecosistema emprendedor". Na súa intervención explicou cuestións de interese para emprender no sector do agro en Galicia.
Nesta mesa redonda tamén participaron Margarita Ardao Rodríguez, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia; e Ignacio Virel, responsable do proyecto SmartPeme da Deputación de Pontevedra. O moderador foi Fernando Béjar, coordinador de Emprendemento Sostible de Inserta Empleo.
A xornada de emprendemento “Por Talento Emprende” tivo lugar no Hotel OCA Porta do Camiño en Santiago de Compostela, en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE), dentro do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social – POISES 2019 - 2023.
O encontro estaba dirixido tanto a persoas emprendedoras con discapacidade "capaces de facer que o seu soño fágase realidade". Tal e como explicaron os organizadores da Fundación ONCE: "para ser un emprendedor de éxito non vale con ter unha boa idea. Tamén hai que darlle forma e ir superando os diferentes pasos ata conseguir a consolidación dunha empresa".