A Fundación Juana de Vega participa na reunión anual do proxecto EC4RURAL en Estonia

Share

A axenda europea da Fundación Juana de Vega levou á nosa entidade a Tartu (Estonia) para participar na segunda reunión anual do proxecto EC4RURAL, cofinanciado polo programa LIFE para impulsar as Comunidades Enerxéticas Rurais en Galicia e en Estonia que produzan electricidade mediante paneis fotovoltaicos sobre tellados de edificios públicos. A este encontro asistiu Tania Xesto Casás, xestora de proxectos europeos na Fundación Juana de Vega quen, xunto coa European LEADER Association for Rural Development - ELARD presentou o traballo realizado no paquete de Comunicación.

Do 26 a 27 de setembro, as xornadas de traballo dedicáronse a facer unha posta en común de temas organizativos, así como da evolución do proxecto, fitos cumpridos e próximas metas. O terceiro día, opcional, estivo reservado para coñecer esta cidade universitaria declarada Capital Europea da Cultura 2024 coincidindo cos 800 anos da súa fundación. Tartu está situada no sur do país, a unhas dúas horas en tren da capital, Tallin.

Os anfitrións desta xuntazan foron os catro socios estonianos de EC4RURAL: a Universidade de Tartu, a Asociación de Cidades e Municipios de Estonia, a Axencia Rexional de Enerxía de Tartu e a Unión Estonia Leader (ELU).

Por parte de Galicia (España) acudiron a Universidade de Vigo (líderes do proxecto), a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a cooperativa Sapiens EnerxíaUnión Espazocoop de Cooperativas Galegas ademais da Fundación Juana de Vega. Desde Bélxica desprazouse a Asociación Europea Leader para o Desenvolvemento Rural (ELARD).

Programa e visita aos municipios de Rõuge e Elva
A reunión, que tivo lugar no Tartu Centre for Creative Industries Conference Hall, comenzou o xoves 26 ás 9:00h coa benvida a cargo de Mihkel Solvak, vicedecano de Investigación e Desenvolvemento da Facultade de Ciencias Sociais (Universidade de Tartu). A continuación, presentou o proxecto EC4RURAL, Xavier Simón, coordinador e catedrático de Economía Aplicada da UVigo. Antti Roose, profesor de Xestión de Recursos na Universidade de Tartu, resumiu o programa e os principais puntos a tratar na reunión anual.

Ata a unha, os socios presentaron o estado de cada paquete de traballo e despois do xantar, desprazaranse en autobús para coñecer Rõuge, un dos doce municipios estonianos que participan en EC4RURAL. Os outros son Alutaguse, Elva, Hiiumaa, Järva, Lääne-Harju, Põltsamaa, Saku, Tori, Türi, Viimsi e Viru-Nigula. En total ocupan unha superficie total de máis de 9.000 hectáreas na que viven máis de 125.000 persoas.

O venres 27, os socios de Galicia, por un lado, e os de Estonia polo outro, expuxeron a evolución e estado de ambos pilotos, aproveitando a tarde para coñecer o municipio de Elva e facerlle entrega da placa identificativa do proxecto. Durante a mañá, tamén houbo unha reunión específica do comité de dirección de EC4RURAL.

A parte social deste encontro reservouse para o sábado 28, día no que os anfitrións organizaron varias visitas guiadas para cidade de Tartu.

O consorcio tamén coñeceu Rõuge e Elva, dous dos doce municipios estonianos que participan no piloto EC4RURAL en Estonia. Os outros son Alutaguse, Hiiumaa, Järva, Lääne-Harju, Põltsamaa, Saku, Tori, Türi, Viimsi e Viru-Nigula. En total ocupan unha superficie total de máis de 9.000 hectáreas na que viven máis de 125.000 persoas.