A Fundación Juana de Vega organiza unhas xornadas sobre agromárketing na EFA Piñeiral

Share

O xoves 14 e venres 15 de marzo, a Fundación Juana de Vega organiza as xornadas "Tendencias en agromárketing" na EFA Piñeiral Centro de Formación Profesional de Arzúa.

Durante dous días, a temática dos relatorios estará encamiñada a aumentar a competitividade das empresas agroalimentarias aplicando estratexias de comunicación e de márketing, técnicas de innovación, fotografía de produto ou a través de colaboracións con gastroinfluencers. Os relatores convidados pertencen ás axencias iuni strategic marketers, Pe Marketing, El fotogastro e LAS-DOS comunicación.

O segundo día tamén haberá unha mesa redonda con entidades sociais do sector agraolimentario como Cooperativa Campo Capela, Asociación Raíña Paraíso, Erica Mel SCG e Muuhlloa SCG. A última visita será unha visita ás instalacións de Milhulloa, S. Coop. Galega en Palas de Rei (hai autobús).

10 prazas libres

Ademais das prazas para o alumnado, hai 10 vacantes dispoñibles para profesionais do sector agroalimentario e outras persoas interesadas. A inscrición previa faise neste formulario: https://juanadevega.org/es/jornadas_y_cursos/tendencias-en-agromarketing

Esta formación enmárcanse no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social.