A exposición itinerante “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Facer no século” continúa o seu percorrido por Galicia. Monforte de Lemos, terra natal da nai de Juana de Vega, será a próxima parada da mostra que, tras inaugurarse na Coruña, pasou por en Santiago de Compostela, Ourense e Vigo.
A inauguración en Monforte de Lemos (Lugo) será o luns, 7 de agosto ás 18.00h, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro (pza. España, 3) con entrada libre. Está prevista a asistencia do alcalde, José Tomé Roca, e de Teresa Táboas Veleiro, vicepresidenta da Fundación Juana de Vega.
Ao día seguinte, a Feira do Libro da Coruña acollerá a presentación da última biografía sobre Juana de Vega, de Xosé Ramón Veiga. Acompañando ao autor estará Ramón Villares, vogal do padroado da Fundación. Será na Carpa 1 ás 19.15h.
O libro, que leva o mesmo título cá exposición, foi editado en 2022 pola Fundación Juana de Vega en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia con motivo do 150 aniversario do pasamento da promotora da nosa entidade.
Ambos eventos están organizados pola Fundación Juana de Vega a través da Cátedra Juana de Vega.