Oleiros, 15 de marzo de 2012.-A Fundación Juana de Vega deu un novo paso orientado a mellora da produtividade do sector agroalimentario, e máis concretamente do vitivinícola, “un dos sectores máis dinámicos da nosa agroindustria e dos que mellor están afrontando a actual crise económica”, sinala José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega. A iniciativa consiste no pulo e financiamento dunha nova investigación que desenvolverá o Consello Superior de Investigación Científicas, a través do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC), dirixido pola doutora Carmen Martínez Rodríguez. Este traballo ten como obxectivo estudar a virulencia dos fungos que afectan ás rexións vitivinícolas galegas nas que se producen os viños das principais denominacións de orixe, e dese modo deseñar un programa individualizado, o primeiro destas características que se realiza na comunidade e tamén pioneiro en España, que permita identificar e describir as razas galegas destes fungos, así como por a punto as ferramentas máis eficaces de tratamento antifúnxico na vide.
O estudo, que se desenvolverá por un período de tres anos, levarase a cabo nas distintas áreas vitícolas galegas (Rias Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras), e para as variedades maioritarias en cada unha destas zonas (Albariño, Dona Branca, Mencía, Treixadura e Godello, respectivamente).
Para iso, contarase coa colaboración de catro adegas (Terras Gauda, Valdesil, Adegas Moure e Pazo Casanova), que permitirán instalar os captadores de esporas e as estacións agroclimáticas nas súas parcelas. Ainda que a parte experimental deste proxecto vaise realizar integramente en Galicia, e os nosos viticultores serán os primeiros beneficiarios, os resultados son aplicables a nivel internacional, e incluso poderían ser empregados polas casas de produtos fitosanitarios, para a elaboración de tratamentos antifúnxicos máis eficaces e máis respetuosos co medio ambiente.
O Mildeu, o Oídio e a Botryte, son tres das principais enfermidades da vide que as producen os fungos Plasmopara viticola, Erysiphe necator y Botrytis cinerea, respectivamente. Os dous primeiros “soamente” levan uns 130 anos en Europa, onde chegaron procedentes de América, mentras que o fungo que provoca a Botryte, (podredumbre) , coñecese desde a antigüidade no noso continente.
Son numerosos os traballos e ensaios realizados sobre a eficacia dos distintos produtos fitosanitarios, que tratan cada un destes fungos como se só existise un individuo, sen ningunha variante, que actúa de igual xeito en calquera parte do mundo, ou en calquera viñedo. Tamén son abundantes os traballos que estudan e determinan que condicións climáticas concretas fan que estes fungos se multipliquen e ataquen a vide, pero sempre considerando que se comporten de igual xeito en calquera parte do mundo, ou en calquera viñedo. Tamén son abundantes os traballos que estudan e determinan que condicións climáticas concretas fan que estes fungos se multipliquen e ataquen á vide, pero sempre considerando que estes fungos se comporten de igual xeito en calquera parte do mundo. Nos últimos anos proliferaron diferentes programas informáticos que predín o risco da enfermidade, postos a punto e comercializados por Alemáns, Suizos, Franceses, Norteamericanos ou Australianos, pero non existe ningún adaptado ás condicións vitícolas de Galicia, nin de ningunha outra zona de España.
O grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC), é experto na cuantificación de dos niveis de sensibilidade a fungos e das viníferas, no estudo dos mecanismos de defensa da planta fronte a entrada do fungo e no estudo da influencia do solo e do clima, ou do manexo do cultivo, na maior ou menor incidencia das enfermidades fúnxicas na vide.
Os investigadores da MBG-CSIC sostén que ao longo dos anos foron desenvolvéndose razas ou variantes dentro de cada un destes fungos, que estas teñen distintos graos de agresividade e que mostran ademais unha maior ou menor afinidade por unhas variedades de vide ou outras.
Á vista da frutífera colaboración desenvolvida entre a Fundación Juana de Vega e o grupo de viticultura da MBG-CSIC, que culminou coa inclusión da variedade Branco Lexítimo no rexistro oficial de variedades comerciais da vide, a entidade quixo seguir apostando pola investigación, co fin de coñecer o risco real de aparición destas enfermidades en zonas vitícolas concretas, comprobar se existen distintas “razas” de cada un dos fungos con diferentes graos de agresividade e obter información que permita un uso eficaz e racional dos tratamentos antifúnxicos.
A experiencia da MBG-CSIC nestes temas, unido ás óptimas condicións climáticas existentes nas diversas rexións vitícolas galegas para o desenvolvemento destes fungos, levou a plantexar este proxecto no que se pretende, por unha parte, cuantificar a concentración de esporas responsables do Mildeu, Oídio e Botryte no aire (mediante captadores de esporas) e en diferentes órganos das plantas de vide(follas, inflorescencias e acios). Por outra banda, caracterizaranse tanto morfolóxica como molecularmente, as poboacións de cada un destes fungos e avaliarase en laboratorio o seu nivel de agresividade. Tamén relacionarase a concentración de esporas de cada fungo no aire, con respecto á concentración de esporas nas follas, inflorescencias ou acios, e a súa vez, a cantidade destas esporas coa incidencia real de cada unha das enfermidades nas variedades obxecto de estudo. Por último, avaliarase a concentración de esporas no aire dos distintos fungos, con respecto ás condicións climáticas de cada viñedo, que serán determinadas mediante a instalación de estacións agroclimáticas en cada un dos viñedos estudados.
Ademais da doutora Carmen Martínez Rodríguez, compoñen o grupo de investigación os doutores Susana Boso Alonso e José Luis Santiago Blanco, xunto co equipo de persoal técnico, formado por Mª Sol Taboada Plasencia, Elena Zubiarre Murúa e Iván González Rodríguez.