A Fundación Juana de Vega e o CFEA de Guísamo imparten unha nova edición dos cursos de Viticultura e Fruticultura 2025

Share

A Fundación Juana de Vega e o Centro de Formación Experimentación Agroforestal (CFEA) de Guísamo organizan un ano máis unha nova edición dos cursos de Viticultura e Fruticultura. Este 2025, as formacións estarán centradas en Poda de árbores froiteiras da área atlántica e Poda de viñedos, nivel iniciación.

Todas as sesións son teórico-prácticas e terán lugar de 16:00 a 20:00h nas instalacións do CFEA de Guísamo (dependente da AGACAL) en Bergondo, salvo a xornada inicial que será na sede Fundación Juana de Vega en Oleiros o martes, 25 de febreiro. Esta tarde, e tras a benvida oficial, Xosé Antonio Meixide Fernández, profesor do CFEA, impartirá a conferencia “Evolución e perspectivas da poda en fruticultura e viticultura”.

As seguintes sesións discorrerán os mércores (26/02, 5/03) e martes (11, 18 e 25/03), no caso de Poda de froiteiras, e os xoves, no caso de Poda de vides (27/02, 6, 13, 20 e 27/03). En total, 23 horas cada curso.

Moi boa acollida
A inscrición e pagamento (70€) realízase a través da web da Fundación Juana de Vega, onde tamén se pode consultar o programa completo.

Neste momento, só quedan vacantes no curso de Poda de viñedos xa que no outro de Poda de froiteiras, as 20 prazas dispoñibles quedaron cubertas antes de cumprirse 24 horas da súa publicación.

Inscribirse aquí no Curso de poda de viñedo (iniciación) | 20 prazas >>
https://juanadevega.org/xornadas_e_cursos/viticultura-2025-curso-de-poda-de-vinedo-iniciacion