A Fundación Juana de Vega e Clusaga organizan un encontro sectorial para reflexionar sobre o papel da alimentación como elemento clave da identidade territorial

Share

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e a Fundación Juana de Vega organizan o encontro “Territorio e Alimentación: construíndo identidade e valor compartido” o próximo venres, 6 de febreiro (11:00 - 13:45h) no Hotel Palacio do Carmen (Santiago de Compostela). O foro é unha xornada profesional orientada á reflexión estratéxica sobre o papel da alimentación como elemento clave da identidade territorial e da xeración de valor económico, social e cultural. Nun contexto marcado pola crecente relevancia da orixe, a calidade e a diferenciación, o encontro propón analizar como territorio, produtos e persoas constrúen relatos sólidos e competitivos. 

A sesión contará cun relatorio marco a cargo de Miguel Rives, CEO de GastroAgencia, quen introducirá os principais retos e oportunidades en torno á conexión entre territorio, alimentación e consumidor.

Dúas mesas redondas
A continuación desenvolverase unha primeira mesa redonda coa participación de Luis Vázquez Pérez, Director de Promoción e Relacións Externas de IXP Ternera Gallega e IXP Vaca Galega-Boi Galego ; Mª Begoña López Fernández, directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias do Principado de Asturias; Ramón Fernández Conchas, xefe do servizo de Mercados na Xunta de Galicia  e Blanca Jiménez Cuadrillero, presidenta da Asociación de Destinos Gastronómicos Nacionales de Saborea España, na que se abordarán experiencias vinculadas ás marcas territoriais e ás indicacións de calidade. 

A segunda mesa redonda reunirá referentes do ámbito gastronómico e empresarial como Lucía Freitas, Chef e fundadora do restaurante  A Tafona (Estrela Michelín) e do proxecto Amas da Terra; Sara Torreiro, responsable de Márketing e RSC en Casa Grande de Xanceda; Juan Vázquez, director xeral de Bodegas Martín Códax;  e Ramón de Meer, director de Marketing para España e Portugal de  Hijos de Rivera, que compartirán a súa visión sobre a relación entre produción, territorio, sostibilidade e creación de valor. 

O encontro incluirá ademais un relatorio de peche a cargo de Martín Alemparte, director de  AGACAL (Axencia Galega da Calidade Alimentaria), e un acto de clausura institucional. A xornada rematará cun espazo de networking destinado a favorecer o intercambio de coñecemento, o contacto profesional e a xeración de novas sinerxías. 

Datas e horario: 
Venres, 6 de febreiro | 11.00 - 13:45 horas 

Lugar: Hotel Palacio del Carmen (Santiago de Compostela) 

Formulario de inscrición: 
https://forms.zohopublic.eu/clusaga/form/XornadaTerritorioealimentacinconstrundoidentidadee/formperma/qRp3C2HT6LpfolFFiToLvktLVFee60h_QPFUEsRATbM

Programa: