A Fundación Juana de Vega devolve a visita á asociación portuguesa ForestWISE

Share

A Fundación Juana de Vega continúa afianzando a súa colaboración con actores internacionais para buscar opcións comúns de cara a futuros proxectos. Os días 21 e 22 de marzo, Alfonso Ribas, director da Área de Innovación, e Fran García, técnico de Desenvolvemento Rurral, devolvéronlle a visita aos colegas da asociación portuguesa CoLAB ForestWISE, que estiveron en Galicia a mediados de xaneiro pasado.

O programa comezou o xoves, 21 de marzo coa recepción por parte dos compañeiros de ForestWISE, que despois se achegaron ao Monte Baldío de Tresminas (Vila Real), onde a comunidade local está a impulsar un proxecto innovador na resinación de piñeiros. Tresminas é un condominio de aldeia, o equivalente portugués ás nosas aldeas modelo.

O venres, 22 asistiron en Bragança a un workshop do Projeto Fores, coñeceron a aldea de Varge e, pola tarde, participaron nunha visita de campo á plataforma Florestas.pt.