A Fundación Juana de Vega concede o seu Premio de Intervencións na Paisaxe aos arquitectos Álvaro Marín e Alfonso Castro por unha moderna vivenda unifamiliar en Porto do Son

Share

Oleiros, 9 de novembro de 2021.- A Fundación Juana de Vega entregou hoxe o seu Premio de Intervencións na Paisaxe na categoría de vivendas unifamiliares. O obxectivo é recoñecer a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación Nesta categoría tivéronse en conta aspectos como a posta en valor dos elementos construídos, a integración na contorna, a incorporación de criterios de sostibilidade así como a economía no uso dos materiais. O obxectivo é recoñecer a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen en Galicia e mesmo contribúan a servir de inspiración ou modelo para proxectos futuros.

"Surf House", no lugar de Fieiros

O xurado do certame estivo presidido polo prestixioso arquitecto portugués, experto en urbanismo e patrimonio, Gonçalo Bryne. Como secretario actuou o presidente da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, Pedro Calaza. Os vogais foron o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte; a decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Elena Ampudia; o arquitecto español especializado en arquitectura y urbanismo bioclimáticos Ginés Garrido; o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC, Plácido Lizancos; a experta en xestión cultural Rosario Sarmiento e a arquitecta experta en edificación e urbanismo Teresa Táboas.

Nesta edición, o xurado concedeu por unanimidade o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe ao aos arquitectos Álvaro Marín Durán e Alfonso Castro Lorenzo pola súa obra “Surf House”, situada no lugar de Fieiros, en Porto do Son. O xurado valorou a calidade xeral da obra, así como o esforzo na investigación tipolóxica e tecnolóxica que permitiu unha solución moi interesante como posible modelo de inspiración noutras zonas, xa que é unha interpretación doutras tipoloxías previas. Resalta o tratamento do espazo, ben construído e organizado, e o equilibrio entre a zona de día e a de noite. A obra amosa unha moi boa conexión e integración coa contorna, non bloqueando as vistas gracias a súa baixa altura e cuberta plana sumamente lixeira. O proxecto atende as inquietudes dos propietarios, integrando ben no deseño as súas necesidades e prioridades.

ACCÉSITS

O xurado decidiu conceder dous accésits. O primeiro deles foi para a Juan Creus e Covadonga Carrasco polo seu proxecto “Casa Elias” en Corcubión. Os expertos salientan o coidadoso acabado da obra, adaptando as solucións técnicas á realidade dunha casa do século XV, mellorando a funcionalidade e a sostibilidade, engadindo pequenos detalles de carpintería e respectando a tipoloxía da fachada. É notable a solución desenvolvida para aumentar a iluminación natural, a través dun patio interior, que distribúe luz nas estancias principais dun edificio catalogado con fiestras de reducidas dimensións. Destaca tamén a integración na contorna, especialmente na súa conexión coa igrexa.

O segundo accésit foi para Ángel Santorio Cuartero polo seu proxecto “Vivenda unifamiliar en Fortiñón - Saiáns”. O xurado destaca o avanzado deseño, de liña internacional, e un eficaz emprego dos materiais construtivos, a vivenda mostra unha boa organización, solucionando a diferenza de cotas cun xogo de niveis para adecuarse á tipoloxía. É de mencionar o contido tamaño dos dormitorios para potenciar as zonas comúns e garantir un uso máis amplo do espazo. Trátase dunha obra nunha situación complicada polas limitacións legais de Costas, a presenza dun regato no interior da parcela e unha topografía difícil.

Ademais, de entre os demais finalistas o xurado quixo destacar cunha mención especial o proxecto dos arquitectos Cecilia López Muiños, Juanjo Otero e Luis Ángel López de Mol Arquitectura, que recupera, con calidade de deseño e integración na contorna, unha casa no Lugar de Saa en Carballeda de Avia, en Ourense, que foi parcialmente destruída por un incendio.

Este ano dedicouse o galardón á categoría de vivendas unifamiliares, alzándose co premio os arquitectos Álvaro Marín Durán e Alfonso Castro pola construción denominada “Surf House”, no lugar de Fieiros. Dela destácase a intelixencia no plantexamento e unha moi boa conexión e integración coa contorna, permitindo unhas espectaculares vistas.

Os dous accésits foron para Juan Creus e Covadonga Carrasco polo proxecto da “Casa Elías”, en Corcubión, e para Ángel Santorio Cuartero por unha vivenda en Fortiñón – Saiáns, en Vigo. Tamén se destacou cunha mención especial o proxecto de Cecilia López Muiños, Juanjo Otero e Luis Ángel López, que recuperaron unha casa incendiada no Lugar de Saa en Carballeda de Avia, en Ourense.

O obxectivo principal deste prestixioso galardón é recoñecer aquelas construcións que pola súa calidade e deseño contribúan a poñer en valor a súa contorna e sirvan como inspiración para outros proxectos.