A Fundación Juana de Vega busca unha persoa voluntaria para colaborar nas tarefas de comunicación do proxecto PAISATIVO

Share

A Fundación Juana de Vega, beneficiaria de PAISACTIVO, busca unha persoa voluntaria a través do programa Interreg VolunteerYouth - IVY para apoiar á entidade nas tarefas de comunicación en liña/offline do proxecto:

  • Perfil: grao en Xornalismo e/o Comunicación Audiovisual, Comunicación audiovisual e publicidade, ou titulación similar.
  • Duración: 6 meses, desde febreiro
  • Retribución: 29€/día
  • Lugar de traballo: Oleiros (A Coruña), sede da Fundación Juana de Vega
  • Idiomas: español (C2), portugués (B1).

O voluntario apoiará as tarefas de comunicación designadas á Fundación Juana de Vega tales como a edición e o deseño de materiais de comunicación (folletos, infografías, vídeos), a creación de contidos para as redes sociais, sitio web, boletíns de noticias para promover as actividades do proxecto e atraer a diversos públicos e, ocasionalmente, apoio na xestión do gabinete de prensa.

Ademais, a persoa voluntaria axudará a organizar e documentar eventos, talleres e iniciativas comunitarias, á vez que contribuirá a implementar as estratexias de divulgación que conectan ás comunidades rurais e ás partes interesadas.

Este posto ofrece experiencia práctica en comunicación, deseño e medios dixitais no marco de proxectos de gran impacto centrados no desenvolvemento rural e a sustentabilidade.

Consultar a descrición do posto para PAISACTIVO e o formulario para candidatarse na web de Interreg VolunteerYouth - IVY.

La convocatoria y selección se realiza a través del programa Interreg Volunteer Youth - IVY.