A Fundación Juana de Vega busca un técnico/a para execución e xestión do proxecto Interreg SUDOE ECOSPHEREWINES

Share

A Fundación Juana de Vega abre o proceso de selección para contratar a un graduado en educación superior para traballar na execución e xestión do proxecto europeo INTERREG SUDOE ECOSPHEREWINES “Mellora de servizos ecosistémicos e infraestruturas verdes en zonas vitícolas de alto valor ecolóxico”. A recepción de candidaturas finaliza o luns, 20 de xaneiro de 2025.

A Fundación Juana de Vega é a principal beneficiaria do proxecto SUDOE ECOSPHEREWINES, aprobado na primeira convocatoria do programa SUDOE 2021-2027. O obxectivo do proxecto é mellorar os servizos ecosistémicos que prestan as paisaxes agrarias do viñedo mediante a implantación dunha rede de infraestruturas verdes en zonas de alto valor ecolóxico como estratexia centrada na súa conservación e xestión sostible, buscando a mellora da biodiversidade e aumentando a súa resiliencia fronte ao cambio climático.

Ver todos os detalles da oferta aquí >>