A Fundación Juana de Vega asiste ao 10º Encontro coa Industria Alimentaria de Vegalsa-Eroski

Share

O 10º Encontro coa Industria Alimentaria da compañía galega de distribución Vegalsa-Eroski, ao que asistiu o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade Calvo, foi unha oportunidade para compartir reflexións sobre o presente e o futuro do sector cunha ampla representación dunhas 350 empresas, denominacións de orixe, cooperativas, entidades e institucións do sector agroalimentario.

Durante este evento bianual, a empresa presentou os seus principais resultados para o exercicio 2023, así como o seu plan estratéxico para os próximos tres anos, que combina a xeración de resultados empresariais coa creación de riqueza na contorna, a satisfacción plena das persoas consumidoras e o fomento dunha alimentación saudable.

Desde a Fundación Juana de Vega apostamos por contribuír a este futuro do sector agroalimentario galego cos proxectos que impulsamos con fondos propios e nos que colaboramos como socios, como é o caso do Grupo Operativo Oliveiras de Galicia que Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), puxo como exemplo de impulso á diversificación do agro galego durante a súa intervención.