A Fundación Juana de Vega aplicará no proxecto DOWN-TO-EARTH a súa experiencia no eido da xestión da terra

Share

Hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela a conferencia inicial do proxecto europeo DOWN-TO-EARTH, liderado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, e no que participa a Fundación Juana de Vega xunto con entidades de Romanía, Eslovenia, Italia, Grecia, Países Baixos e Alemaña. Os  fondos para o seu desenvolvemento están financiados por Interreg Europe.

DOWN-TO-EARTH ten por obxecto facer fronte a retos comúns da UE como son os derivados do despoboamento e avellentamento da poboación e os do cambio climático. Ata 2027, o fin común das oito entidades que formamos este consorcio será mellorar os instrumentos políticos dos diferentes países que teñen incidencia nestes eidos para lograr unha maior eficacia en beneficio da cidadanía e dos territorios.

Na presentación da iniciativa, José Manuel Andrade Calvo, director da Fundación Juana de Vega, destacou que “nos próximos catro anos, achegaremos a nosa ampla experiencia no eido da xestión da terra agraria e na ordenación do territorio en Galicia. Ao tempo, aprenderemos doutros países para poñer en práctica estes coñecementos en futuros proxectos impulsados pola Fundación”.

DOWN-TO-EARTH abordará ata 2027 a identificación e promoción de boas prácticas para a xestión, mantemento e mellora de capital natural das zonas rurais que permita reducir o risco de desastre ambiental e xere, a un tempo, oportunidades económicas e sociais para que o rural siga medrando.

O consorcio DOWN-TO-EARTH está integrado por: