A Fundación Juana de Vega acode como xurado ao DemoDay do programa BiCoGal da Fundación Roberto Rivas

Share

Beatriz Suárez Sánchez, directora da área de Desenvolvemento Rural da nosa entidade, foi unha das integrantes do comité de avaliación que valorou os catro proxectos de emprendemento seleccionados para mentorizar no marco de BiCoGal – Bioeconomía para o corazón verde de Galicia. Esta é unha iniciativa da Fundación Roberto Rivas para potenciar a bioeconomía e a sostibilidade nos montes galegos que conta co apoio do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

Desde a Fundación Juana de Vega trasladamos a noraboa a todas as persoas emprendedoras polo esforzo e iniciativa para desenvolver os proxectos: SoutoLife, Claudia de Sas e Amonte, e especialmente ao proxecto ganador BenEstar, que contará con soporte técnico adicional e unha axuda económica de ata 5.000€ para a súa execución.

Este evento foi tamén unha oportunidade para compartir a xornada con outras persoas que están a promover o desenvolvemento do medio rural de Galicia e establecer sinerxías para seguir avanzando neste camiño.