A Cátedra Juana de Vega organizou a conferencia "O traballo das mulleres na Galicia contemporánea. Unha perspectiva sectorial (1870-1930)"

Share

O xoves, 30 de marzo tivo lugar a conferencia da Cátedra Juana de Vega "O traballo das mulleres na Galicia contemporánea. Unha perspectiva sectorial (1870-1930)".

A relatora Luísa Muñoz Abeledo, profesora de Historia da Universidade de Santiago de Compostela e directora da Cátedra Juana de Vega, amosou nesta xornada a evolución da ocupación laboral dende unha perspectiva de xénero. O evento tivo lugar na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.

Esta conferencia forma parte dunha serie de actos previstos ao abeiro da exposición “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina: facer no século”, organizada pola Fundación Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do seu pasamento.

Conferencia da Cátedra Juana de Vega "O traballo das mulleres na Galicia contemporánea. Unha perspectiva sectorial (1870-1930)".