A Cátedra Juana de Vega, do Departamento de Historia (Facultade de Xeografía e Historia) da USC, organizou a conferencia "A construción dun proxecto igualitario: a mobilización das mulleres en España (1868-1931)" que impartida por Marta del Moral, profesora de Historia de Universidad Complutense de Madrid. A actividade tivo lugar o xoves, 16 de febreiro ás 18.30 horas no Salón de actos do Consello da Cultura Galega.
Marta del Moral Vargas realizou un percorrido cronolóxico dende as primeiras experiencias de militancia ata a proclamación da Segunda República.
A conferencia forma parte dunha serie de actos previstos ao abeiro da exposición "Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina: facer no século", organizada pola Fundación Juana de Vega con motivo do 150 aniversario da súa morte, e que pode visitarse até o 5 de abril no Claustro alto do Pazo de Fonseca da USC.
Non é necesaria inscricion previa.