Alfonso Ribas, director de Investigación e Innovación da Fundación Juana de Vega, asistiu o martes 28 e mércores 29 de maio á asemblea xeral do proxecto SoildiverAgro en Tartu (Estonia) durante a que presentou o relatorio "Desenvolvo rural e biodiversidade" baseada no traballo da nosa entidade.
A defensa da biodiversidade e xestión sostible do territorio é un obxectivo e unha preocupación para a Fundación Juana de Vega. Unha folla de ruta que guía nosa participación en proxectos de investigación e innovación nacionais e internacionais, como SoildiverAgro, CAPRIFF-CC, BIOservicES ou ECOSPHERWINES.
A Fundación Juana de Vega participa no consorcio de SoildiverAgro en calidade de membro do Comité Asesor Externo. O ano pasado tamén asistimos ao encontro en Gante (Bélxica) xunto co resto do consorcio, liderado polo Instituto de Agroecología e Alimentación da Universidade de Vigo, e formado por 22 entidades de 7 países da UE (España, Bélxica, Alemaña, Chequia, Dinamarca, Finlandia e Estonia).
O principal obxectivo do proxecto SoildiverAgro, financiado polo programa HorizonEU SoilMission, é a adopción de novas prácticas de xestión e sistemas de cultivo que melloren a biodiversidade xenética e funcional do chan para reducir o uso de insumos externos, aumentando a produción e calidade dos cultivos, a prestación de servizos ecosistémicos e a estabilidade e resistencia da agricultura da UE.
Durante esta asemblea xeral en Tartu, o consorcio presentou os progresos durante o último ano e tamén esbozará os próximos pasos para avanzar na innovación agrícola sostible e a xestión ambiental.
A investigación de SoildiverAgro articúlase a través de 15 casos de estudo en 6 áreas xeográficas diferentes e ao redor de 3 cultivos diferentes (patacas, trigo e hortalizas), en monocultivo e sistemas diversificados.
