A Fundación Juana de Vega ten como MISIÓN.
a mellora do tecido empresarial agroalimentario fomentando a súa competitividade e produtividade co obxectivo de mellorar o benestar e o progreso do medio rural de Galicia.
Con este obxectivo a Fundación convoca o
PRIMEIRO PROGRAMA DE APOIO AO
EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO
Apoiar técnica e economicamente as iniciativas emprendedoras agroalimentarias.
Conseguir altos niveis de produtividade, competitividade e orientación ao mercado do sector agroalimentario mediante o fomento da cooperación, a diferenciación, a innovación e a calidade.
Poñer en valor activos rurais improdutivos e facilitar a sucesión en empresas e explotacións agroalimentarias familiares de Galicia
SELECCIONANDO a emprendedores con iniciativas e proxectos de novas empresas agroalimentarias, orixinais e capaces de crear valor engadido na súa contorna.
AXUDANDO a perfilar a súa idea de negocio así como o seu perfil estratéxico e competitivo.
PROPORCIONANDO as ferramentas de coñecemento, información, análise e xestión para levar a bo fin os seus proxectos.
APOIANDO a posta en marcha da súa empresa e lanzamento dos seus produtos e/ou servizos ata a súa viabilidade comercial.
GUIANDO na procura de financiamento, axudas e socios para a súa empresa.
O programa consta de dúas partes.
A primeira ten por obxectivo dotar ao emprendedor da información e formación necesaria para definir o proxecto de empresa e trasladalo a un plan de negocio.
O programa consta de dúas partes.
A segunda parte ten como obxectivo o apoio e seguimento do emprendedor na fase implantación e saída ao mercado da súa empresa ata conseguir os primeiros obxectivos do plan.
A emprendedores con
E en xeral calquera proxecto individual ou colectivo de carácter innovador que poña en valor os produtos agroalimentarios galegos.
Prazo de inscrición ata o 31 de xaneiro de 2013
Se tes unha idea de empresa agroalimentaria innovadora e queres poñelo en marcha, non o dubides. ¡Nós axudámosche!
Só tes que cubrir cos teus datos o formulario adxunto e explicarnos o teu proxecto.
Poñerémonos en contacto contigo.
Os emprendedores cuxos proxectos resulten seleccionados para participar no programa, deberán aboar unha cota de inscrición de 100,00 euros. Esta cota establécese para garantir a vinculación e o compromiso do emprendedor co seu proxecto e co programa.
Os emprendedores cuxos proxectos non resulten seleccionados recibirán unha contestación motivada na que se indicarán as causas. Neste caso non deberán aboar cota algunha.
Fundación Juana de Vega
Salvador Allende, 92
15176 San Pedro de Nós Oleiros (A Coruña)
T. 981 654 637 · Fax 981 652 095
info@juanadevega.org
www.juanadevega.org
pechar