Publicacións / Investigación

Un enorme bazar: o mercado de terras en Galicia

Este traballo resume os principais resultados do convenio de colaboración Propiedade, mobilidade da terra e valorización territorial, subscrito entre a Fundación Juana de Vega, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Universidade de Santiago de Compostela.

Aborda o funcionamento do mercado de terras rústicas en Galicia, con especial atención ás diferenzas entre as diversas partes do territorio. O mercado de compravenda presenta en xeral niveis de mobilidade particularmente baixos, similares aos existentes en países do leste e centro de Europa, malia existiren áreas concretas onde a súa actividade sexa considerable. Os prezos da terra, en troques, presentan valores similares aos de Europa occidental, aínda que tamén con fortes diferenzas xeográficas. Estas páxinas debaten as razóns para este comportamento e analizan posibles medidas para facilitar o acceso á terra das explotacións agrarias, mellorando así a capacidade dos sectores público e privado para intercambiar información que ata o momento está illada e dificilmente accesible para terceiros.

Comprar na web da USC

Información do Libro

Autores: Eduardo Corbelle Rico, María José Enríquez García, Francisco Ónega López, Rafael Crecente Maseda

Comentarios