Publicacións / Cátedra Juana de Vega

Terrorismo de Estado e política educativa: Arxentina (1976-1983)

O estímulo fundamental deste libro foi a intemporal lección da historia; non perder nunca a memoria. A finais dos setenta e principios dos oitenta do pasado século, un goberno constitucional é substituído por un réxime militar en Arxentina; a liberdade do movemento gremial docente e estudantil, por un política educativa autoritaria e de represión; a vía do diálogo para a resolución das diferenzas, pola vía do terrorismo de Estado. En definitiva, a forza da razón pola razón da forza. Ante as demandas dunha sociedade máis xusta, a ditadura responde cunha nova e brutal concepción ideolóxica cimentada na estratexia da contrainsurxencia, as políticas represivas e unha lenta e gradual construción do outro como suxeito perigoso. A partir de aí, as forzas de seguridade e principalmente as forzas armadas prepáranse para a guerra contra un inimigo interno desarmado, onde a utilización do terror é un dos elementos característicos. Terrorismo de Estado e política educativa investiga as persoas, os discursos e os feitos dun tempo tan escuro contribuíndo a conxurar o esquecemento.

Información do Libro

Autor: Lisandro Cañón

163 p.
170 mm x 240 mm
ISBN-13: 978-84-9887-859-2

Prezo

PVP: 12€ + Gastos de envío.

Comentarios