Publicacións / Cátedra Juana de Vega

A Guerra da Independencia e o primeiro liberalismo en España e América

Este libro reúne os relatorios presentados no  Congreso  "A guerra da Independencia e o primeiro liberalismo en España e América", celebrado en xullo do 2008 na Coruña, dentro das actividades da Cátedra Juana de Vega.

O congreso serviu para reflexionar sobre a transcendencia que a Guerra da Independencia tivo na configuración dunha nacente cultura política liberal en España e a América hispana e tamén ofrecer un espazo para a presentación dos máis recentes debates, estudos e tendencias na investigación, tanto da guerra, como dos primeiros liberalismos.

Información do Libro

Coords.: José Mª Portillo Valdés, Xosé Ramón Veiga Alonso e Mª Jesús Baz Vicente.

Prezo

PVP: 15€ + Gastos de envío.

Comentarios