Publicacións / Cátedra Juana de Vega

O Malestar da democracia

No outono de 2014, promoveuse dende a dirección da Cátedra Juana de Vega unha sesión de reflexión compartida  baixo o rótulo O malestar da democracia. Tres politólogos foron convidados, como relatores deste segundo Faladoiro da Cátedra, a achegaren as súas análises e percepcións sobre o sistema democrático e as súas eivas e disfuncións. O volume incorpora os relatorios de Ignacio Sánchez-Cuenca e Xaime Subiela acerca das manifestacións específicas do malestar e a impotencia democrática no Estado español e Galicia, e queda pendente para unha futura publicación a achega de José Fernández-Albertos sobre a súa expresión na Unión Europea. Inclúe tamén os debates desenvolvidos ao redor dos seus relatorios e unhas conclusións miúdas tecidas ao redor da convicción de que a democracia representativa é o sistema que mellor permite a libre expresión da esperanza e a construción dunha igualdade solidaria.

Descargar

Información do Libro

Autor: Justo G. Beramendi
Colección: Publicacións da Cátedra Juana de Vega. Faladoiros
Ano de publicación: 2019

Comentarios