Publicacións / Cátedra Juana de Vega

Galicia no contexto global, un país periférico?

Esta publicación recolle as conclusións do primeiro "Faladoiro" organizado pola Cátedra Juana de Vega baixo o título "Galicia no contexto global, un país periférico", no que durante un día un grupo de persoas de diferentes ámbitos da sociedade galega, analizaron a posición de Galicia con respecto do mundo desde unha perspectiva ampla.

O debate tiña tres obxectivos: analizar a imaxe externa (e interna) de Galicia no mundo, valorar os retos e limitacións da posición xeográfica que ocupa e inserila nun contorno europeo de crise económica. En total, houbo catro relatorios: Hai espazo para unha política económica específica?, con Antón Costas; O paradigma do 'atraso': razóns dun éxito, con Lourenzo Fernández Prieto como relator; Galicia no mundo, o mundo en Galicia, con Kirsty Hooper e Dolores Vilavedra Fernández, e A economía galega: mudanzas e perspectivas, con Xaquín Fernández Leiceaga.

Información do Libro

Autores:
Ramón Villares Paz,
Antón Costas Comesaña,
Lourenzo Fernández Prieto,
Kirsty Hooper,
Xaquín Fernández Leiceaga,
José Manuel Andrade Calvo,
Xosé María García Palmeiro

Comentarios