Publicacións / Cátedra Juana de Vega

Acción colectiva femenina en Madrid (1909-1931)

Enmarcada dentro do ámbito da historia social, esta monografía céntrase nas experiencias de acción colectiva feminina no Madrid do primeiro terzo do século XX. As súas páxinas percorren as traxectorias dos grupos de mulleres que por aquel entón reinvidicaron dereitos laborais, políticos e sociais para a poboación feminina. A través do estudo da construción de identidades colectivas no interior dos devanditos grupos e das iniciativas que protagonizaron, repásase un importante capítulo da historia da mobilización política. Acción colectiva feminina en Madrid defende a dimensión destas protestas como experiencia cidadá nunha sociedade que non recoñecía tal dereito para as mulleres, que, con todo, adaptaron as súas formas de oposición ás novas normas da política de masas que inaugura o século XX.

Información do Libro

453 p.
170 mm x 240 mm
2012
ISBN-13: 978-84-9887-817-2

Prezo

PVP: 25€ + Gastos de envío.

Comentarios