Novas / Investigación

Unha investigación da Universidade de Vigo, financiada pola Fundación Juana de Vega, analizará o impacto económico e social da enerxía eólica no rural galego.

23 Marzo 2010

#eólico #forestal

A investigación dotará de maior transparencia o proceso de negociación entre as empresas eólicas e os propietarios dos montes.

Vigo, 23 de marzo de 2010.- O Presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, e o Reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, asinaron un convenio de colaboración para realizar unha investigación que ten por obxecto analizar o impacto económico e social da enerxía eólica no rural de Galicia. O estudo pretende facer unha estimación das rendas que permanecen no rural derivadas da instalación de parques eólicos nos montes galegos. Simultaneamente farase unha análise dos beneficios sociais en termos de emprego, transferencias e convenios cos concellos derivadas de ditas instalacións.

Segundo o responsable do mesmo, o profesor Xavier Simón, o estudo tratará ademais de describir aquelas iniciativas innovadoras, produtivas ou non produtivas, que os propietarios dos montes puxeron en marcha no medio rural coas rendas procedentes destas instalacións, tales como aproveitamentos gandeiros, plantacións de frondosas autóctonas, establecementos de turismo rural ou outras iniciativas para a posta en valor dos recursos patrimoniais e paisaxísticos de Galicia.

Na actualidade non existe en Galicia ningún estudo desta natureza, e para acometer a investigación, será preciso elaborar unha base de datos a nivel de parque eólico, concello e provincia que recolla os impactos económicos e sociais mencionados para o que se requirirá unha colaboración estreita dos propietarios rurais.

Contemplase tamén a realización de xornadas divulgativas dos resultados por diversos concellos de Galicia e a elaboración dun portal web que recolla a información acadada e as claves para a negociación coas eléctricas.

O Presidente da Fundación Juana de Vega resaltou que un aspecto importante deste traballo é o de contribuír a dotar de maior transparencia o proceso de negociación coas empresas, no que se produce unha asimetría de información que prexudica aos propietarios dos montes en contratos a longo prazo.

A investigación terá unha duración de dous anos e ten como investigador principal a Xavier Simón, profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo. Tamén participa María Montero Muñoz, profesora titular do Departamento de Fundamentos da Análise Económica da mesma universidade.


Novas relacionadas

A Fundación Juana de Vega organiza unha xornada para informar aos propietarios de montes sobre aspectos a ter en conta nas negociacións coas empresas eólicas.

A entidade editou unha guía na que figuran consellos para reducir a asimetría de información entre as partes negociadoras, que prexudica ao eslavón máis débil, os propietarios de montes. A xorn...

Só o 1 por cento da facturación dos parques eólicos reverte actualmente no rural galego

A Fundación Juana de Vega e a Universidade de Vigo editan unha guía para asesorar aos propietarios de montes, que son o elo máis feble na negociación coas grandes empresas eólicas. Este manual ...

Aconsellan aos donos de chan eólico que «é mellor un mal pacto que unha boa expropiación»

Fortalecer a posición do máis débil. Ese é o principal obxectivo dos autores da Guía para vos propietarios de terreos eólicos publicada pola Fundación Juana de Vega e a Universidade de Vigo. «...


Actividades relacionadas

Impacto económico e social da enerxía eólica no mundo rural gallego

A Fundación Juana de Vega financia unha investigación para analizar o impacto económico e social da enerxía eólica no rural galego....


Comentarios