Novas / Escola Galega da Paisaxe

Do 11 ao 14 de xullo terá lugar en Allariz o curso “Paisaxes en Produción”

O curso no que colabora a Fundación Juana de Vega propón deseñar unha estratexia de activación da economía local centrada na posta en producción do territorio.

Os vindeiros 11,12, 13 e 14 o Concello de Allariz, a USC e a Fundación Juana de Vega organizan o Curso de Verán “Paisaxes en produción” que contará con conferencias, talleres, coloquios e visitas didácticas. O curso propón deseñar unha estratexia de activación da economía local centrada na posta en produción do territorio. Os relatores e titores provirán de diversas disciplinas (arquitectura, xeografía, economía, agronomía, bioloxía, arqueoloxía, etc) para poder ter unha visión holística do territorio.

Durante estes tres días, buscarase imaxinar estratexias de activación da economía local centradas na xestión dos recursos ambientais, a administración da dispoñibilidade das terras, a dinamización do patrimonio arqueolóxico, a reflexión sobre novas morfoloxías e a organización dos fluxos de auga e enerxía no medio. As diferentes temáticas quedan relacionadas na percepción dela Paisaxe que xeran e que as acolle, capaz de articular e poñer en valor os bens ecolóxicos, produtivos e culturais do lugar.

En el curso participan entre otros:

  • Isabel Aguirre, directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, na mesa redonda de “A paisaxe como principio estructurante da ordenación territorial”.
  • José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega, coa conferencia: “Presentación de proxectos innovadores agroalimentarios”.

Dirección: Rubén Camilo Lois González (Catedrático de Análise Xeográfica Rexional, USC)

Secretaría: Marta Somoza Medina (Doctora Arquitecta, Oficina Técnica Municipal Concello de Allariz)

Lugar de celebración: Fogar do Maiores – Concello de Allariz

Organizadores: Concello de Allariz, Fundación Juana de Vega, Universidade de Santiago de Compostela, F.I.N.S.A., Aceites Abril.

Colaboradores: Colectivo 1AUN, Fundación R.I.A., Campus de Ourense (Universidade de Vigo)

Este curso conta con co-financiamento do Concello de Allariz e da Fundación Juana de Vega

Web: www.allariz.gal/paisaxes

PDF: Programa


Comentarios