A Fundación Juana de Vega dentro das actividades que se desenvolven no marco do Máster de Arquitectura da Paisaxe 2015- 2016, organiza unha nova conferencia dentro do ciclo de conferencias sobre a paisaxe nas que participan recoñecidos paisaxistas de toda Europa. 

Nesta ocasión contaremos coa presenza de Alessandro Tocollini, Arquitecto da paisaxe e Enxeñeiro civil, profesor de deseño do territorio e a paisaxe na Universidade de Milán.

Tocollini realizará unha exposición desde a perspectiva das infraestruturas verdes sobre o “Deseño de lugares agradables na cidade” e “Vías Verdes urbanas”.

A conferencia terá lugar na sede da Fundación o martes 5 de abril ás 17:30 h, e será de acceso libre mediante inscrición no seguinte email: Info@juanadevega.org.

Cartel.


Comentarios